O Valadouro
Os partidos disputaranse no Campo Municipal de Alfoz e no Campo Municipal de O Árbol (Valadouro), onde se poderá desfrutar dunha competición que se iniciará as 10 da mañá e rematará ás 21 horas.
Disputaranse un total de 28 partidos entre os 18 equipos en competición, que tratarán de alcanzar unha das catro prazas que dan acceso á fase final.
Os concelleiros de deportes de Alfoz e Valadouro, Eliseo Lorenzo e Eliseo Teijeiro; a directiva do AD Río Ouro presidida por Manolo Novo e contando coa colaboración do CD Alfoz coinciden en que “celebrar este evento deportivo para os nenos e nenas da comarca é unha experiencia enriquecedora. Esta celebración contribúe a fortalecer os lazos comunitarios, o deporte e promove a hostalaría e o turismo dos dous concellos”.
A parroquia de Santa Cruz, no Valadouro, celebrará as súas festas patronais do venres 10 ao domingo 12 de maio.
As actividades empezarán o venres ás 22:30 horas cunha mexillonada e torreznada popular, cita gastronómica que estará amenizada polo dúo Eclipse e Conxuro DJ.
O sábado celebrarase misa ás 13:00 horas e despois procesión. A continuación haberá sesión vermú, co grupo Alma Latina e Conxuro DJ, que tamén actuarán na verbena.
O domingo celebrarase misa ás 13:00 horas e continuación haberá procesión e sesión vermú, coas actuacións do dúo Estrellas e dun grupo de música tradicional.
A organización anuncia: “somos un grupo de veciños e amigos que con moita ilusión anunciamos que volven as festas á nosa parroquia. Esperamos que vos guste e que nos acompañedes neses días. Contaremos con inchables para os pequenos e recinto cuberto con carpa no caso de que...
leer másLa XXVII edición de la concentración motera de O Valadouro se celebrará desde el viernes 3 hasta el domingo 5 de mayo. El plazo de inscripción anticipada finaliza el 29 de abril.
Las actividades, que organiza el Moto Clube Valadouro, comenzarán el viernes 3 a las 18:00 horas con la apertura de las inscripciones. A las 22:00 horas habrá una cena gratuita para los participantes y a partir de las 00:00 horas, concierto musical a cargo de The Rock Legend y de Conxuro Discomóvil.
Para el sábado 4 a las 11 de la mañana está programada una pequeña ruta motera, a las 14:00 horas habrá comida en el polideportivo y de 16:00 a 20:00 horas los niños podrán disfrutar de hinchables gratuitos. Además a las 18:00 y a las 23:00 horas se desarrollarán exhibiciones acrobáticas. Y a partir de las 00:00 horas actuará la orquesta...
leer másO Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros representará a obra de teatro "O traballo de Andrea" o día 20 de abril, sábado, ás 20:30 horas na Casa da Cultura do Valadouro. A entrada é de balde.
Esta obra teatral é orixinal de Ignasi García Barba e foi adaptada por Ramón Casas Oroza.
A primeira ruta a cabalo organizada pola asociación Cabaleiros do Ouro desenvolverase polos municipios de Alfoz e O Valadouro o día 20 de abril, sábado, desde ás 10:30 horas.
Haberá pinchos na metade da ruta e xantar ao rematar o percorrido. Tamén farán sorteos e reparto de agasallos. A música correrá a cargo do DJ Pedro Brmudz.
O prazo para inscribirse está aberto ata o 17 de abril.
O XVIII Mercado de Primavera dará comezo ás 10 da mañá na vila de Ferreira.
Programa do XVIII Mercado Tradicional Anual de Primavera
Haberá pregón + actuación musical de Miro Casavella.
Música nas rúas:
Pasacalle de A.C. Amado Lar O Valadouro; Charanga Nba; Os Carunchos; Tanto Nos Ten (TNT) Música Tradicional Furtiva; Caliqueños Charanga
Pregón a cargo de Miro Casabella con pezas musicais.
Actuación musical Final á noitiña na praza.
@Habelas Hainas
Actividades familiares:
Granxa escola Cabaliño de Pao (aparcadoiro Avda. da Veiga). Paseo en cabalos, burro, ovellas... demostración de pastoreo.
Na Praza pola tarde:
Inventi Teatro coa obra: "A Tropa do doutor Milagre"
Pablo Pablísisimo co contacontos: "Cabicivai"
Maxia con Dani García e o espectáculo "Código Sinopsis"
Concursos:
Desfile de...
Desde o Concello do Valadouro informan que aínda quedan dispoñibles postos para o XVIII Mercado de Primavera.
A data máxima para a recepción de postos de mercado é o vindeiro xoves, 14 de marzo, ás 20:00horas e as persoas interesadas en contar cun posto poden conseguir a información a través do teléfono de contacto 982 57 15 16 de 9 a 14 horas e de 16 a 20 horas de luns a venres laborables.
Desde o Concello indican que “esta é unha data das máis importantes do ano no Valadouro e pretende recuperar un mercado que se realizaba na vila a mediados do século pasado e que cada ano conta con máis seguidores”.
Celébrase o sábado máis próximo ao 25 de marzo, que este ano coincide a 23.
As persoas interesadas poden obter máis información na páxina web e nas redes sociais...
leer másO salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro acollerá este venres, 23 de febreiro, ás 21:00 horas un coloquio sobre os sectores primario e secundario no Val do Ouro, que será gravado polo programa de radio e de Facebook Mariña Marabillosa. A entrada é de balde.
Será coordinado por José Vázquez Peinó e participarán como convidados:
Eduardo Rega (Carrocerías Hermanos Rega), Fernanda Casabella (coidadora de persoas dependentes), Lionel Rexes (escritor e mestre), Alberto Geada "Buyo" (artesán zoqueiro), Cristina Fernández (administrativa), Henry Geada (administrador loteiro); María Hermida (Xerente de hotel) e Antonio García (economista e profesor da Universidade da Coruña).
Debido á mala previsión do tempo para hoxe e por mor das deficiencias do pavillón polideportivo municipal, a organización decidiu suspender o desfile de Entroido deste domingo, día 11.
O martes, 13 de febreiro, trasládase, xunto coa festa infantil, á Praza de Santa María. Alí todos os nenos contarán con inchables e xogos... e os participantes no desfile, individuais, parellas e grupos así como comparsas e charangas poderán disfrutar da festa d DVicio ata que remate e se entreguen os premios.
E xa o 16 de febreiro a partir das 20:00 horas terá lugar o Enterro da Sardiña e a lectura de coplas e versos na Praza de Santa de María.
La primera edición del festival Valadouro Rock, que se celebrará el 22 de junio, será presentada con una fiesta el sábado 17 de febrero en el pub Atalaia, de Ferreira do Valadouro, a partir de las 22:30 horas.
En este evento actuarán los grupos a In Sanity (Avilés), Chris Masuak & The Viveiro Wave Riders (Viveiro) y Rock&Rockets (Avilés)
Los organizadores anuncia que será “una noche de puro rock”. La entrada es gratuita y solo podrán acceder personas mayores de 18 años.