Nadal
O Concello de Lourenzá convoca o concurso de postais Nadal 2022, dirixido aos escolares de Infantil e Primaria do concello. O tema do concurso é O Nadal de Don Paco, en referencia ao escritor laurentino Francisco Fernández del Riego, ao que se lle dedicará o próximo Día das Letras Galegas.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “a técnica será libre e as obras deberán presentarse nunha cartolina A4. O prazo de entrega dos traballos remata o 16 de decembro. Establécese un primeiro premio, dotado con 75 euros e trofeo; e tres accésits, dotados con 25 euros e diploma. A postal gañadora será empregada polo Concello como felicitación de Nadal. As bases completas serán repartidas no CEIP Juan Rey e tamén se poden consultar na Biblioteca Municipal”.
Desde a Concellería de Cultura agradecen de antemán a...
leer másA Área de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo do Concello organiza o XIX Mercado de Nadal de Ribadeo, que terá lugar os días 7, 8, 9, 10 e 11 de decembro no parque de San Francisco. O prazo de inscrición para participar estará aberto ata o 11 de novembro.
Pablo Vizoso explicou que “o Mercado de Nadal de Ribadeo, que xa vai pola XIX edición é un espazo de oportunidades para os profesionais relacionados coa artesanía e co deseño, ademais dun escaparate para dar a coñecer o seu traballo e talento creativo e innovador, pola gran cantidade de xente que se achega a visitalo e que converte a Ribadeo en referente da zona nesas datas previas ás festas de Nadal”.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo indicou que “serán un total de 25 casetas as que se colocarán nas inmediacións do parque San...
leer másO Concello de Burela anuncia a través da súa Delegación de Cultura que xa está aberto a partir de hoxe o período de inscrición para participar no rastro popular de Nadal destinado a asociacións sen ánimo de lucro da localidade.
O rastro celebrarase na Praza de Abastos o sábado 17 e domingo 18 de decembro, en horario de 10 a 20 horas ininterrompidamente ambos días. Poderán participar no mesmo todas as asociacións de Burela que non teñan fins lucrativos.
Segundo indican desde Cultura, as entidades interesadas poderán anotarse na Casa da Xuventude, ou ben chamando ao teléfono 982 58 01 41, deixando constancia do nome da asociación, unha persoa responsable e o contacto.
O prazo rematará o 1 de decembro, momento no que se concretará o número de asociacións participantes e as ubicacións dentro...
leer másO sorteo máis esperado do Nadal de Viveiro xa ten gañadores.
Co número 74.783 repartido na tenda de moda BMD, o premiado foi Rubén Sanchez Villarquide, veciño de Xove.
Co número 122.250 repartido no Laboratorio Dental Anferbadent, a premiada foi Montse Ramil Gonzalez, veciña de Celeiro.
Co número 132.089 (primeiro número das reservas) repartido en Panadería Giz, o premiado foi Jose Luis Martinez Fernandez, veciño de Escourido.
Lembramos que o premio consiste en 3 soldos de 1.200€ cada un en vales de compra, repartidos ó longo dun ano, sendo 100€ ó mes para cada un dos 3 agraciados.
Dende o CCHV “queremos dar a noraboa ós gañadores, e agradecer a tódolos clientes que estiveron pendentes do sorteo, nos chamaron, enviaron mensaxes ou se...
leer másAciam Xove organiza a campaña de Nadal para potenciar as compras no comercio local e sorteará 1.500 euros en premios entre os seus clientes.
As persoas que realicen compras no comercio da vila recibirán papeletas, ata esgotarse, para o sorteo que se celebrará o día 14 de xaneiro.
Os premios consistirán en vales de compra para gastar no comercio local asociado e haberá 1 de 500 euros, 2 de 250 euros e 5 de 100 euros.
O sorteo será presencial e terá lugar o 14 de xaneiro ás 20:30 horas diante da Oficina de Turismo.
O Concello de Cervo felicita á veciñanza do municipio co seu tradicional calendario de Nadal.
En total editáronse 2.200 exemplares que xa se están a repartir fogar por fogar.
Tal e como explicou o rexedor Alfonso Villares, “este calendario é xa é todo un clásico do Concello de Cervo por estas datas, e cremos que é unha ferramenta moi útil para os nosos veciños porque recolle todas as datas importantes que terán lugar ao longo de todo o ano en Cervo, e tamén as festividades e días importantes que se conmemoran e celebran a nivel nacional; ademais da táboa de mareas e os teléfonos de interese do noso Concello”.
Toda esa información vai incluída nun deseño moi especial, xa que cada mes vén ilustrado cunha fotografía de grupos de amigos, familias, de paisaxes, de xuntanzas ou de celebracións...
leer másO martes 28 ás 17:00 horas, na OMIX, terá lugar o escape room virtual El robo del Toisón, dirixido á rapazada a partir de 6º de Primaria. A inscrición pódese facer no centro xuvenil ou chamando ao 982 57 18 16, antes do día 28. Tamén o martes 28, de 18:00 a 20:00 horas, no salón de actos do centro cívico, celebrarase un baile infantil de disfraces por Nadal.
O mércores 29 ás 18:00 horas, no salón de actos do centro cívico, o Mago Charlangas presentará @Temporal. O xoves 30, ás 19:00 horas, no salón de actos do centro cívico, ofrecerá un concerto Sons de Celeiro. O venres 31 ás 11:00 horas, no pavillón municipal de deportes, haberá unha festa infantil de fin de ano....
leer másO Concello de A Pontenova organiza un campamento de Nadal para nenas e nenos de 3 a 14 anos do 27 ao 31 de decembro en horario de 10 da mañá a dúas da tarde. O prezo para os empadroados é de 30 euros e para os non empadroados de 50 euros.
Ademais haberá outras actividades para todos os públicos como o teatro que tivo lugar o pasado 19 de decembro; a cabalgata de reis prevista para o 5 de xaneiro ás 17:30 horas e o Playback que se celebrará o día 8 ás 20:00 horas.
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz, mantiveron unha reunión coa cronista oficial, Herminia Pernas, e con Paco Salgueiro, autor do vídeo documental Lembranzas do Nadal de Burela, que se vai proxectar no auditorio municipal o día 3 de xaneiro ás 20 horas.
O edil burelés explicou que “é un traballo audiovisual que recompila información desde os anos 40 de cómo era o Nadal en Burela, con imaxes e con declaracións de veciños”.
A Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela acolle unha exposición de postais de Nadal ata o 21 de xaneiro.
A mostra pode visitarse de luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.
É unha iniciativa da Biblioteca Pública Municipal e da Delegación de Cultura do Concello de Burela.