O martes 28 ás 17:00 horas, na OMIX, terá lugar o escape room virtual El robo del Toisón, dirixido á rapazada a partir de 6º de Primaria. A inscrición pódese facer no centro xuvenil ou chamando ao 982 57 18 16, antes do día 28. Tamén o martes 28, de 18:00 a 20:00 horas, no salón de actos do centro cívico, celebrarase un baile infantil de disfraces por Nadal.
O mércores 29 ás 18:00 horas, no salón de actos do centro cívico, o Mago Charlangas presentará @Temporal. O xoves 30, ás 19:00 horas, no salón de actos do centro cívico, ofrecerá un concerto Sons de Celeiro. O venres 31 ás 11:00 horas, no pavillón municipal de deportes, haberá unha festa infantil de fin de ano.
O domingo 2 de xaneiro de 2022, ás 19:00 horas, no salón de actos do centro cívico, Pico do Castro presentará a obra de teatro O Terapeuta. O luns 3, ás 19:00 horas, no salón de actos do centro cívico, haberá unha velada de cine coa proxección das curtas: Escamas, Sangue!, Mare, To the sea e Veleno. Ao final terá lugar unha charla-coloquio.
Todas as actividades do departamento de Cultura son con prazas limitadas ata completar aforo e poderán sufrir modificacións segundo a situación socio-sanitaria do momento. Pódese obter máis información na web do Concello. Será obrigatorio o uso de mascarilla, gardar a distancia de seguridade e de atoparse mal, con febre, etc…, non acudir aos actos.