Coa presencia de Mario Outeiro, deputado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, de Encarna Lago, xerente da Rede Museística, e de Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo entre outras autoridades, mañá venres, ás 16:00 horas, no Refectorio do Museo Provincial de Lugo vai ter lugar a inauguración do II Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración, evento que se desenvolverá durante os días 6, 7 e 8 de marzo.
Este Congreso está organizado pola Rede Museística Provincial de Lugo e conta coa colaboración de distintas institucións museísticas de calado como ICOM España, Museo de León, Red Española de Profesionales de Museología Social, Museo Maritim de Barcelona, Museo de Arte Contemporánea de León (MUSAC), Fundación Jiménez-Arellano da Universidade de Valladolid, Museo Thyssen-Bornemisza, Museo Arqueológico de Cacabelos; así como plataformas de investigación, exhibición e difusión como o Observatorio de educación patrimonial en España, Festival Miradas de Mujeres, Píkara Magazine, Isköo espazo multidisciplinar, Mujeres de las Artes Visuales (MAV) e o Observatorio da Mariña pola Igualdade.Conta, igualmente, co patrocinio científico das Universidades de Zaragoza co Máster en Museos: Educación e Comunicación, Valladolid, Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Universidade Complutense e Universidade Autónoma de Madrid.
O Congreso está estruturado en tres bloques temáticos: Xénero e Museos, Xénero e Arte, e Xénero e Migración. Cada día do congreso corresponde a un destes bloques.
1.º BLOQUE: XÉNERO E MUSEOS
Neste apartado afondaremos na presenza da muller desde en museos e coleccións de arte, tanto en Galicia como en España, en institucións públicas e privadas. Será interesante reflexionar sobre a forma na que a cuestión de xénero está presente no deseño dos seus programas e proxectos. Amosaremos modelos de actuación para xestionar con e para todos e todas, dunha maneira responsable e comprometida coa sociedade. Non podemos deixar de lado, neste bloque o que a Universidade pode ofrecernos, desde os seus estudos de xénero e cos seus exemplos de planeamento cultural dirixido por mulleres.
2.º BLOQUE: XÉNERO E ARTE
Esta segunda sesión versará sobre a posición que a muller artista afronta no mercado da arte, cales son as ferramentas que utiliza para superar as barreiras de xénero, e como se saca o veo da invisibilidade e da indefinición que a propia realidade lle impón. Amosaremos como o traballo do Festival Miradas de Mujeres impulsou a exhibición da representación artística en feminino, e compartiremos os proxectos de diversas artistas plásticas que xiran en torno á cuestión de xénero .
3.º BLOQUE: XÉNERO E MIGRACIÓN
Facemos neste terceiro bloque unha ampliación sobre o congreso anterior. Incluímos a migración como tema transcendente para falar de xénero como unha realidade social patente nas nosas comunidades.. Neste punto navegaremos polas circunstancias que marcan a integración, polos proxectos que traballan coa interculturalidade, e como a muller é transmisora da identidade cultural.
En base a estes bloques, o congreso vaise desenvolver segundo o seguinte programa:
»Venres 6.marzo. Museo Provincial de Lugo
16.00h: Presentación do Congreso
Mario Outeiro (Delegado da Área de Cultura da Deputación de Lugo)
Encarna Lago (Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo e coordinadora do Congreso)
Aurelia Balseiro(Directora do Museo Provincial de Lugo)
Juan G. Sandoval e Pilar Sánchez Monje (Documentación e coordinación do Congreso)
#BLOQUE I: XÉNERO E MUSEOS
16:30 – 18:30 DIÁLOGOS
Diálogo 1 - “Análise contextual da presenza da muller nos museos e coleccións de arte”
Diálogo 2 - “Xénero e xestión. A muller na universidade e na súa xestión cultural”
18:30 – 20:00 DEBATE
COORDINACIÓN E DOCUMENTACIÓN
Encarna Lago (Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo)
Juan García Sandoval (Investigador accesibilidade social e xénero. Conservador de Museos da CARM e ex-Director do Museo de Belas Artes de Murcia)
Pilar Sánchez Monje (Coordinadora do Congreso. Máster en Servizos Culturais USC. Produtora e comunicadora cultural)
PARTICIPAN
Nuria Rivero (Xerente de ICOM España)
Teresa Soldevila (Responsable área de Responsabilidade Social do Museu Maritím de Barcelona)
Amelia Aguado (Directora do Centro Buendía da UVA e directora da Fundación Arellano-Alonso da Universidade de Valladolid)
Ana Moreno (Xefa Área de Educación do Museo Thyssen-Bornemisza)
Araceli Corbo (Responsable de documentación do MUSAC)
Olaia Fontal (Dra. en Ciencias da Educación. Investigadora principal do “Observatorio de educación patrimonial en España”)
Chus Martínez Domínguez (Crítica de arte no suplemento Babelia do xornal El País e comisaria de exposicións)
Carmen Delia Gregorio Navarro (Investigadora de Xénero. Educadora en museos, Universidade de Zaragoza. Máster en Xénero e Diversidade, Universidade de Oviedo)
Mercedes Rosón (Subdirectora da Área de Cultura da USC)
Victoria Falcó (Bolseira Wilson no Máster do Centro Internal. de Hª da Fotografía (DMU, Leicester, Gran Bretaña); Xestora cultural en museos españoles e británicos.)
Mª Ángeles Querol (Catedrática de Prehistoria. Coordinadora do clúster de Patrimonio para a Universidade Complutense de Madrid.)
Josefina Cerviño (Catedrática de Historia da Arte. Universidade da Coruña)
»Sábado 7.marzo. Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos)
#BLOQUE II: XÉNERO E ARTE
09:30 – 12:30 DIÁLOGOS
Diálogo 1 - “Festival Miradas de Mulleres”
Diálogo 2 - “Proxectos artísticos contedores de feminismos”
Diálogo 3 - “Muller artista e mercado da Arte”
12:30 – 14:00 DEBATE
COORDINACIÓN E DOCUMENTACIÓN
Encarna Lago (Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo)
Juan García Sandoval (Investigador accesibilidade social e xénero. Conservador de Museos da CARM e ex-Director do Museo de Belas Artes de Murcia)
Paula Cabaleiro (Xestora cultural. Directora de Directora Festival Miradas Mulleres 2014 en Galicia)
Pilar Sánchez Monje (Coordinadora do congreso. Máster en Servizos Culturais USC. Produtora e comunicadora cultural)
PARTICIPAN
Marián López Fernández-Cao (Doutora en Belas Artes, profesora titular da Universidade Complutense de Madrid e presidenta de MAV - Mujeres en las Artes Visuales)
Silvia Blanco (Directora do Museo Arqueolóxico de Cacabelos)
Mar Caldas (Docente da Facultade de Belas Artes da UVigo, artista visual e comisaria. Foi coordinadora da Sala X)
Cristina Fernández Lamela (Responsable de Isköo, espazo multidisciplinar)
Carme Nogueira (Artista visual. Investigadora en temas de identidade e de espazo doméstico)
Mónica Alonso (Artista plástica, Doutora en Belas Artes)
Gema López (Artista plástica. Máster en Arte Contemporáneo)
Bárbara G. Vilariño (Asesora de comunicación, xornalista cultural e con visión de xénero. Píkara magazine)
Renata Otero (Artista multidisciplinar e investigadora en feminismos. Doutora cum laude de Historia da Arte.)
16:30 – 19:00 Visita ás contornas do Museo (NECESARIA INSCRICIÓN PREVIA)
»Domingo 8.marzo. Museo Provincial do Mar de San Cibrao (Cervo)
#BLOQUE III: XÉNERO E MIGRACIÓN
09:30 – 12:00 DIÁLOGOS
Diálogo 1 - “Migracións en perspectiva de xénero. O rol da muller no exilio”
Diálogo 2 - “Migración e integración. Programas dentro e fóra das institucións”
Diálogo 3 - “Relato de identidades: culturas propias e alleas. Interculturalidades”
12:00 – 13:30 DEBATE
COORDINACIÓN E DOCUMENTACIÓN
Encarna Lago (Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo)
Juan García Sandoval (Investigador accesibilidade social e xénero. Conservador de Museos da CARM e ex-Director do Museo de Belas Artes de Murcia)
Silvia Fiallega (Técnica de dinamización comunitaria. DEA en Historia Contemporánea e Historia de América. Educadora en Museos. Comisaria e xestora cultural)
Pilar Sánchez Monje (Coordinadora do congreso. Máster en Servizos Culturais USC. Produtora e comunicadora cultural)
PARTICIPAN
Ángeles Carnacea Cruz (Licenciada en CC. Políticas e Socioloxía, antropóloga social, xestora cultural, mediadora intercultural e doutoranda en Antropoloxía Social. Forma parte del Laboratorio da diversidade do Museo Thyssen-Bornemisza)
Mª Antonia Pérez Rodríguez (Profesora titular de Humanidades da Universidade da Coruña. Investigadora na recuperación de textos escritos e o exilio entre outros ámbitos)
Margarita Ledo (Catedrática de comunicación audiovisual da USC, periodista, escritora, académica numeraria da RAG, cineasta, é responsable do guión e da dirección de “A cicatriz branca” (2012))
Luzía Oca (Doutora en Antropoloxía Aplicada, responsable do proxecto BogAvante de empoderamento do colectivo caboverdiano, autora da tese “Caboverdianas en Burela (1978/2008): migración, relación de xénero e intervención social”(2014))
Milagros Castro (Licenciada en Historia, Bolseira da Escola de Estudos Hispanoaméricanos (CSIC-Sevilla), Doutoranda en Historia Contemporánea e de América coa tese: "A emigración en A Estrada e Terra de Montes 1576 -1939", na USC)
Iria Vázquez Silva (Formadora e asesora en temas de xénero, colabora con proxectos de investigación no campo da socioloxía nas universidades de Vigo, A Coruña e Rovira i Virgili. Autora da tese “La inmigración senegalesa en Galicia: las redes transnacionales”)
Mery País Domínguez (Artista multidisciplinar, con proxectos artísticos sobre muller realizados en Tetuán (“El Paraíso de Lilith”, “Medina, tela, cobre”), onde estidiou Belas Artes)
Amal Ait Mohand (Muller marroquí de Lugo. Migración e xénero)
Mª del Carmen Amingorena Tejeiro (Muller cubana da Mariña. Migración e xénero)
Alina Pena Labrada (Muller cubana da Mariña. Migración e xénero)
Rocío Fernández (Rapaza arxentina da Mariña. Migración e xénero)
13.30h: Conclusións do Congreso
A organización deste congreso correu a cargo das seguintes persoas e comités:
Comité organizador e coordinación xeral do Congreso
Encarna Lago
Juan García Sandoval
Pilar Sánchez Monje
Paula Cabaleiro
Persoal da Rede Museística Provincial de Lugo
Comité Científico
Carmen Delia Gregorio Navarro
Luis A. Grau
Teresa Soldevila
Amelia Aguado
Araceli Corbo
Ana Moreno
Victoria Falcó
Almudena Domínguez
Nuria Rivero
Olaia Fontal
Chus Martínez Domínguez
Mercedes Rosón
Mª Ángeles Querol
Josefina Cerviño
Marián López Fernández-Cao
Silvia Blanco
Cristina Fernández Lamela
Carme Nogueira
Mónica Alonso
Gema López
Bárbara G. Vilariño
Renata Otero
Mar Caldas
Silvia Fiallega Lorenzo
Ángeles Carnacea Cruz
Mª Antonia Pérez Rodríguez
Margarita Ledo
Luzía Oca
Milagros Castro
Iria Vázquez Silva
Mery País Domínguez
Amal Ait Mohand
Mª del Carmen Amingorena Tejeiro
Alina Pena Labrada
Rocío Fernández
Observatorio da Mariña pola Igualdade
Cómpre destacar que mañá día 6, ás 20:00 horas, haberá unha visita guiada ao Museo Provincial de Lugo para os asistentes a este II Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración, visita que será guiada por Encarna Lago.