Mocidade
A Concellaría de Mocidade organiza dous obradoiros tecnolóxicos dirixidos aos mozos e mozas ribadenses. Estes talleres serán sobre Iniciación á Robótica e Iniciación á Programación de Móbiles Android.
O obradoiro de Iniciación á Robótica terá lugar o 26 de decembro na Aula CeMIT de Ribadeo, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Os destinatarios son mozos e mozas de 11 anos en adiante.
A concelleira Mariluz Álvarez Lastra sinala que “esta actividade iniciará ás nenas e nenos na programación dun xeito entretido”. A bondade máis importante da robótica é separar ao alumno da pantalla e facer que interactúe co mundo real a través dos sensores e dos actuadores dun robot. O taller constará de superar mini-retos, e a resolución de cada un deles instruirá ao alumno nun algoritmo distinto de...
leer másO vindeiro luns, 22 de xullo, comezan as Noites 2019, que organiza o Concello de Foz, cunha actividade que o ano pasado tivo un gran éxito, o Wipe Out. Equipos clasificados por idades competirán en probas como a pista americana, gladiadores, superbarredora,… sen dúbida, as noites do luns e do martes estarán cheas de risa no Campo da Cabana.
Do 5 ao 7 de agosto a protagonista será a área da Rapadoira, co fútbol praia e nas seguintes semanas volverá a actividade de novo ao Campo da Cabana para disputar o fútbol sala e o baloncesto, que compartirán horario con kickboxing e defensa persoal.
Por primeira vez nas Noites haberá dúas actividades á vez. A organización agradece a colaboración co club Foz ContactAri, xa que os días 12, 13 e 14 de agosto poderase descubrir o kickboxing á vez que se disputa o fútbol sala. ...
leer másA concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela, organiza o seu XIII Certame de Debuxo e Pintura con motivo do Día Mundial da Sida. Con el pretende concienciar á poboación en xeral, e especialmente á xente máis nova, sobre o VIH-SIDA, a súa prevención e a capacidade de ser solidarios coas persoas que padecen esta enfermidade. No concurso poderán participar tódolos rapaces do Concello de Burela que teñan entre 12 e 20 anos e entreguen os seus debuxos orixinais antes do 25 de novembro, nos centros de Ensinanza Secundaria da localidade ou na Unidade Asistencial de Drogodependencias de Burela (Rúa Laxelas s/nº).
...
leer más
O Concello de Foz organiza unha mesa coloquio sobre violencia de xénero e mocidade. Será este sábado, día 22, ás 18 horas no salón de actos da casa da cultura Poeta Manuel María. Dende a organización explicaron que “continuamos o traballo que comezou no ano 2013 coa campaña denominada Para querer, quérete, ante a preocupación sobre a maior cantidade de casos de violencia de xénero na mocidade, onde as relacións comezan a unha idade máis temperá. Nesta ocasión achegamos no formato de mesa coloquio a profesionais que traballan neste ámbito. Así teremos a: Julia Vidarte, educadora familiar do Concello de Foz; Javier Ponte, orientador do C.P.R. Martínez Otero; Ana Pacio, xefa da Unidade contra a Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno e un especialista no tratamento e atención de vítimas de violencia de xénero...
leer más