Lugo
Unhas 160 persoas participarán ao longo desta semana nas viaxes gratuítas do programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. As sete entidades participantes visitarán esta semana A Mariña, a Ribeira Sacra e a zona de Montaña, percorrendo concellos como Pedrafita do Cebreiro, Viveiro, Sober, Monforte, O Saviñao ou Burela.
Este martes a Asociación de Veciños Irmáns Vilar Ponte de Bravos, de Ourol, visitou o Mazo de Santa Comba, de titularidade provincial, para despois percorrer os concellos de Pedrafita do Cebreiro e Triacastela. Durante a visita coñeceron a aldea do Cebreiro, cunha visita ás pallozas, percorreron dous quilómetros do Camiño Francés e achegáronse ata o municipio de Triacastela para visitar os seus recursos turísticos culturais e naturais.
Mañá mércores, as entidades beneficiarias...
leer másO Correlingua volverá ser en 2022 unha das grandes actividades arredor da lingua nos centros educativos galegos. Máis de vinte festas entre este próximo maio e o vindeiro outono dinamizarán o uso da lingua en distintos centros educativos galego, levando ata eles concertos, obradoiros, regueifas e outras actividades arredor da lingua.
Esta nova edición do programa, organizado pola Asociación Correlingua, a Mesa pola Normalización Linguística e a Asociación SocioPedagóxica Galega, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e das outras tres institucións provinciais, presentouse esta mañá no Pazo de San Marcos e comezará a súa actividade nos colexios nos primeiros días de maio.
Como explicou na presentación Xesús Bermello, presidente da AC Correlingua, "aínda que xa estamos quitando as mascarillas e...
leer másA Deputación de Lugo estreou este mércores a segunda edición do programa de viaxes gratuítasCoñece a túa provincia, do que se beneficiarán máis de 3.000 persoas de 136 asociacións e colectivos lucenses. Nesta segunda edición os usuarios e usuarias viaxarán en dúas quendas que permitirán coñecer a provincia en primavera, dende hoxe e ata o 30 de xuño, e en outono, de setembro a novembro.
A primeira entidade beneficiaria, a Asociación Provincial de Amas de Casa e de Consumidores de Lugo Lucus, visitou o Pozo da Ferida e o concello de Ferreira do Valadouro para despois seguir a ruta no castelo de Castrodouro e a Finca Galea, ambos en Alfoz. A ruta comezou cun percorrido polo Pazo de San Marcos onde puideron coñecer a historia do edificio.
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar...
leer másA Deputación de Lugo lanza unha nova vía para a promoción dos recursos turísticos da provincia coa edición de tres documentais temáticos, centrados no turismo científico, na gastronomía e no Camiño de Santiago.
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, explicou que a institución decidiu impulsar a producións destes traballos audiovisuais, cunha duración aproximada de 50 minutos cada un, para seguir “contribuíndo a potenciar o sector turístico na provincia e a dinamizar a súa actividade a través do modelo polo que apostamos dende a Deputación, un turismo sostible, de calidade, que pon en valor o noso patrimonio, tanto natural, como cultural ou gastronómico, e que crea emprego, sobre todo no rural”.
Para arrancar a súa difusión, García Porto avanzou que os novos...
leer másFoi presentada no Pazo de San Marcos a publicación “A vangarda das formas. Obra cerámica de Isaac Díaz Pardo”, o catálogo da exposición realizada no Museo de Lugo en 2013, no ano seguinte á morte do artista e intelectual, e comisariada por Fernando Arribas Arias e Teresa Pena Moreda.
Maite Ferreiro sinalou que o volume, editado polo Vicepresidencia da Deputación, “dá un novo percorrido a un proxecto que supuxo un fito moi relevante ao ser a primeira gran mostra que se fixo sobre a obra cerámica de Isaac Pardo” e “atende, coida e divulga o legado artístico dunha figura imprescindible da Galiza traballadora, anovadora, moderna e defensora da súa identidade como é a de Isaac Díaz Pardo”
“As institucións públicas debemos ser as primeiras en comprometernos con ese legado. Como obriga ética, moral e legal”, sinalou...
leer másO deputado de Deportes, Efrén Castro, participou na presentación do Futsal Women’s European Champions, que se xogará do 2 ao 5 de decembro no Pazo dos Deportes, coas xogadoras do Burela FS como anfitrioas.
A competición reunirá as campioas de España, Rusia, Portugal, Italia, Rusia e Ucraína, convertendo Lugo nun referente do fútbol sala a nivel mundial, como se sinalou no acto de presentación celebrado esta mañá no Hotel Torre de Núñez, no que participaron o presidente do club mariñao, Manuel Blanco, e o deputado de Deportes, Efrén Castro, ademais de representantes da Xunta de Galiza e da Federación Galega de Deportes
Efrén Castro referiuse a cita como “un paso adiante no camiño cara a igualdade efectiva no deporte” xa que a competición xurde coa vocación de consolidarse no calendario oficial internacional,...
leer másA Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, presentou no Pazo de San Marcos a campaña Quéremonos Vivas, Libres e Iguaisque lanza a Deputación de Lugo con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Loureiro adiantou que é un programa de actividades reivindicativas que se prolongará durante toda a vindeira semana.
A titular de Muller e Igualdade detallou que a Deputación pon en marcha esta campaña paravisibilizaresta lacra social co obxectivo de combatela entre o conxunto da sociedade da provincia. “A loita contra as violencias machistas e en favor da igualdade real entre homes e mulleres é unha política transversal na acción deste Goberno. Unha boa mostra é que temos unha área específica de Muller e Igualdade porque cremos que aínda queda moito traballo por facer”, recalcou a Deputada....
leer másA Deputación de Lugo estreou este martes o programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia, do que, nesta primeira tempada, se beneficiarán máis de 1.200 persoas de 62 asociacións e colectivos lucenses ata o vindeiro 10 de novembro.
As primeiras entidades beneficiarias, a Asociación de Veciños de Ombreiro Río Miño e a Asociación Carpe Diem de Lugo, coñeceron a costa de Barreiros e Ribadeo, e os concellos de Lourenzá e Mondoñedo, respectivamente. As actividades inclúen tamén unha visita a instalacións provinciais que se converten en puntos de partida das viaxes. Na primeira xornada, as asociacións coñeceron a historia do Pazo de San Marcos e o funcionamento da Granxa Gayoso Castro, en Castro de Rei.
O Presidente recibiu no Salón de Actos á primeira asociación que visitou a sede da institución provincial, onde...
leer más