A Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, presentou no Pazo de San Marcos a campaña Quéremonos Vivas, Libres e Iguaisque lanza a Deputación de Lugo con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Loureiro adiantou que é un programa de actividades reivindicativas que se prolongará durante toda a vindeira semana.
A titular de Muller e Igualdade detallou que a Deputación pon en marcha esta campaña paravisibilizaresta lacra social co obxectivo de combatela entre o conxunto da sociedade da provincia. “A loita contra as violencias machistas e en favor da igualdade real entre homes e mulleres é unha política transversal na acción deste Goberno. Unha boa mostra é que temos unha área específica de Muller e Igualdade porque cremos que aínda queda moito traballo por facer”, recalcou a Deputada. Loureiro explicou que é necesario seguir con campañas dende as institucións públicas porque como “representantes institucionais, temos a obriga de redobrar os nosos esforzos na loita para erradicar a violencia machista en toda as súas formas. Ao longo destes anos déronse pasos a favor da igualdade, pero non son suficientes. Debemos ir moito máis aló”, explicou.
Nese sentido, asegurou que a Deputación traballa con tres ferramentas clave para contribuír á erradicación da violencia machista, que son a educación, a sensibilización e a visibilización. “Só dende o coñecemento real das situacións se poden atallar os problemas, e a violencia machista é un dos maiores problemas sociais que sufrimos na sociedade actual”, indicou María Loureiro.
I Xornada Quéremonos Vivas, Libres e Iguais
O programa organizado pola Deputación con motivo do 25N arrancará o vindeiro martes, 23 de novembro, ás 19:00 horas, coa I Xornada Querémonos Vivas, Libres e Iguais, que acollerá o Salón de Actos do Pazo de San Marcos. “Un espazo para o debate e a reflexión, pero tamén para escoitar a dúas convidadas de excepción”, adiantou a Deputada.
Neste encontro participará Maite Egoscozabal, do Club Malas Madres, que intervirá de maneira telemática para abordar os roles de xénero e a violencia machista. O Club Malas Madres naceu nas redes sociais co obxectivo de desmitificar o mito de “nai perfecta” e reivindicar un novo modelo de nai. Agora mesmo, xa son máis dun millón de nais conectadas entre si para visibilizar a necesidade de non perder a identidade propia como mulleres unha vez que se ten un fillo ou unha filla. O Club Malas Madres é ademais o altofalante de toda unha xeración para a loita común en favor da conciliación, pensando en que as mulleres nin queren nin deben renunciar á súa carreira profesional á vez que tampouco queren renunciar a ver como medran as súas crianzas.
Tamén participará de maneira presencial a xurista lucense Paula Fraga. É avogada, abolicionista, feminista e forma partedo colectivoAlianza contra el borrado de mujeres. Paula Fraga exporá o seu punto de vista sobre a necesidade dun cambio normativo para conseguir unha igualdade plena entre homes e mulleres.
Esta xornada está aberta a toda a cidadanía interesada en participar, aínda que por motivos de aforo é preciso facer reserva de praza chamando ao 982 26 00 00,ou a través do correo electrónico protocolo@deputacionlugo.orgindicando nome, apelidos e número de DNI. Ademais, a xornada retransmitirase por streaming a través da canle de YouTube do Servizo de Audiovisuais da Deputación, facilitando deste xeito que chegue ao maior número posible de persoas, independentemente do lugar no que se atopen.
En Camiño contra as Violencias
O xoves, 25 de novembro, celebrarase a quinta edición da andaina reivindicativa En Camiño contra as Violencias.“Esta é unha iniciativa que nos últimos anos organizamos co alumnado do 1º curso de Produción do Centro de Formación do Servizo de Audiovisuais. O propio alumnado involúcrase neste complexo traballo de planificación e preprodución coa organización de diversas actuacións e actividades”, explicou María Loureiro.“Queremos achegar aos mozos e mozas a aquelas situacións de violencia que están moi preto de nós, máis do que nos parece, e facelos conscientes de que toda a cidadanía somos parte da solución e non só testemuñas. Por iso, son parte activa da organización deste Camiño contra as Violencias”, apuntou.
A andaina partirá ás 11:30 horas do Centro de Formación Audiovisual, situado na rúa Frei Plácido Rei Lemos, e percorrerá as principais rúas do centro de Lugo ata rematar na Praza de San Marcos. “Queremos que os nosos veciños e veciñas se animen a participar nesta marcha para reivindicar a igualdade e clamar contra a violencia machista. Non podemos consentir que haxa mulleres, veciñas nosas, privadas dos seus dereitos e liberdades”, incidiu a Deputada de Muller e Igualdade.
Na Praza de San Marcos, a partir das 12.00 horas, celebrarase un encontro interxeracional contra as violencias machistas. Loureiro precisou que participará un grupo de usuarios e usuarias do Centro de Atención a Maiores da Deputación de Lugo na Fonsagrada, e nenos e nenas do CEIP de Xermade. “Será un punto de encontro na transmisión de valores a favor da igualdade. Escoitaremos as voces de persoas que naceron noutra época e tamén a persoas novas, nenos e nenas, para que nos expoñan a súa visión”, indicou.
Videomapping e pancartaNon é non
Na fachada do Pazo de San Marcos proxectarase o videomapping A provincia de Lugo contra as violencias machistas. Tamén depende de ti os días 25, 26 e 27 de novembro, entre as 18.00 e as 21.30 horas. Incluirá vídeos e fotografías de persoas da provincia lanzando mensaxes firmes e claras contra a violencia contra as mulleres.
Loureiro destacou o novidosa que será está acción, que poderá ver “toda a veciñanza que camiñe polo centro de Lugo, que escoitará voces de mulleres e homes condenando publicamente esta lacra social”.
Así mesmo, na fachada da sede provincial tamén se despregaráunha gran pancarta coa mensaxe Non é nonpara simbolizara denuncia e enérxica repulsa da institución ás violencias machistas.
Centros de Atención a Maiores
Ademais de participar na actividade En Camiño contra as Violencias, a comunidade dos Centros de Atención a Maiores da Deputación de Lugo dedica todo este mes a desenvolver obradoiros contra a violencia. Participan tanta os usuarios e usuarias como o persoal que traballa nos centros de Trabada, Ribadeo, Pol, A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro e Castroverde, os seis que nestes momentos ten a Deputación en funcionamento.
A Deputada explicou que deses obradoiros saíron 56 mensaxes e reflexións arredor da violencia machista que serán proxectadas no videomapping. Ademais, o día 25 de novembro nos Centros de Atención a Maiores farase unha exposición desas mensaxes para que os residentes poidan ver e coñecer os lemas que crearon noutras residencias e abrir debate arredor desta problemática.
Material para os concellos
Esta campaña tamén involucra aosconcellos da provincia de Lugo. Por iso, dende a Deputación faráselles chegar material como calendarios e camisetas para que a poboación tamén se faga partícipe desta iniciativa provincial.