Vilanova de Lourenzá será escenario os días 8 e 9 de xullo de actividades de circo e teatro.

Vilanova de Lourenzá será escenario os días 8 e 9 de xullo de actividades de circo e teatro.
 
Este venres e sábado haberá espectáculos de circo e teatro en Vilanova de Lourenzá. O venres actuará Circo Chosco e o sábado terá lugar a representación de Memorias das Memorias dun Neno Labrego a cargo de Cándido Pazó.
 
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou hoxe que “este venres, día 8, ás oito e media da tarde na Praza do Conde Santo, temos a actuación de Circo Chosco co espectáculo Forzu2. É unha mestura de teatro, de circo, maxia e moito humor, dentro do programa Vive o Camiño, da Xunta de Galicia”.
 
Manuel Arango engade que “o sábado, día 9, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do Concello, terá lugar a representación de Memorias das Memorias dun Neno Labrego, con Cándido Pazó. É unha adaptación teatral da novela de Xosé Neira Vilas nun monólogo escénico narrativo interpretado polo actor galego. Isto é dentro do programa Cultura no Camiño, da Xunta de Galicia. En ambos casos a entrada é de balde”.