Terras de Lourenzá organiza unha ruta de dous días aos Ancares. Será o 17 e o 18 de setembro.

Terras de Lourenzá organiza unha ruta de dous días aos Ancares. Será o 17 e o 18 de setembro.
 
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para os días 17 e 18 de setembro unha ruta a Os Ancares.
 
O percorrido o sábado 17 é a subida ao Pico dos Tres Bispos cunha distancia de 14 quilómetros e dificultade alta.
 
O prazo de inscrición remata o 13 de setembro e pode facerse nos números de teléfono 647 06 70 54(Javier) e 686 77 11 13(Emilio). Os presos son de 70 euros para os socios federados, 75 euros para os socios non federados, 85 euros para os non socios federados e 90 euros para os non socios non federados. As prazas son limitadas e faranse por orden de inscrición.
 
A saída será o sábado 17 ás 6:30 horas do Cantón de Vilanova de Lourenzá. A comida será en ruta polo que cada un ten que levar a súa, a organización tamén recomenda levar abundante auga, calzado de montaña e bastóns. A tarde será libre na aldea prerromana de Piornedo e posteriormente a cea nese mesmo lugar. O domingo haberá un paseo pola contorna de Piornedo cunha distancia de 4 quilómetros e dificultade baixa e ao remate visita a un mirador para gozar das vistas dos Ancares.