A asociación cultural O Centiño Foz organiza a gala solidaria 2020 en beneficio de Cáritas, que se celebrará o sábado 12 de decembro, na Sala Bahía, de Foz, ás 18:00 horas.
O grupo de teatro O Centiño presentará a súa obra Vaia faena, a corentena. No descanso, Noé Recalde actuará co seu monólogo Vinte e catro horas sen taberna.
A entrada será gratuíta, con aforo limitado, e no descanso recolleranse doazóns para Cáritas.
A reserva de entradas debe facerse no número de teléfono 677 435 148.
O Concello de Foz colabora na organización deste evento.