Foz
Hoxe, xoves, o alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o concelleiro de Turismo, Jose María Linares, inauguraron a sala multiusos do centro de interpretación da Basílica de San Martiño de Mondoñedo que leva o nome do artista multisciplinar Juan Queralt Blanch, persoeiro moi recordado e querido na parroquia e moi vinculado a este lugar. Aquí pasou ós derradeiros 5 anos da súa vida, nos que dedicou a súa obra á imaxe de San Rosendo, bispo mindoniense no século X, cando a sede episcopal aínda estaba na parroquia focense.
Ademais de Fran Cajoto e Chema Linares, ao acto de hoxe asistiron Francisco Martínez García, que foi alcalde de Foz ata o 19 de abril de 1979, e a súa esposa. Tamén estiveron Suso de Breogán e Pablo Cid (Touche), que colaboraron nesta iniciativa.
O alcalde explica que “na sala atópanse seis lenzos de técnica...
leer másA asociación O Noso Foz e o Concello presentaron hoxe, sábado, o cartel do Entroido focego, nun acto no que participaron o alcalde, Fran Cajoto; a concelleira de Cultura, Inés López Couto; e tres representantes de O Noso Foz: Angel Fernández, Fátima Novo e Erea Ben .
A asociación O Noso Foz e o Concello seguen traballando intensamente na organización dun Entroido 2023 que se espera espectacular. Despois dun pistoletazo de saída no mes de outubro coa elección da Raíña nun acto de escolla realizado no Campo da Cabana, chega febreiro con todos os eventos habituais nesta festa, que loita por ser nomeada Festa de Interese Turístico Galego.
O presidente de O Noso Foz, Ángel Fernández Neira, anuncia: “comezamos o día 11 coa cea de coroación, coa apertura de portas a partir das 21 horas na carpa situada na sala Bahía....
leer másO grupo de teatro Pico do Castro, de Foz, representará a súa obra O Terapeuta en Vilaronte o día 5 de febreiro, domingo, en Vilaronte.
Esta actividade cultural será no local da asociación cultural e deportiva O Castro, de Vilaronte, ás 19:00 horas.
Está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e a asociación O Castro.
Este sábado, 28 de xaneiro, ás 17:30 horas na Sala Bahía de Foz celebrarase o XIII Festival Infantil da Subela, no cal renderán homenaxe á figura da pescantina.
A organización anuncia: “ademais teremos o pracer de desfrutar da música e baile da asociación Falcatrueiros, de Monterroso. Anímate a vir e colabora co Banco de Alimentos de Foz facendo unha doazón de alimentos non perecedoiros. Haberá biscoito e chocolate”.
A parroquia de San Cilla, no municipio de Foz, celebra a sétima edición da súa Festa dos Callos este sábado, 28 de xaneiro. Será no local social, dotado de calefacción.
Os actos empezarán ás 20:00 horas cun monólogo cómico a cargo de Avelino González. Ás 21:00 horas será a cea co seguinte menú: empanadas de bonito e de liscos, callos, sobremesa, viño, gaseosa e auga, pan e café. O prezo é de 20 euros por persoa, pero para os nen@s ata 12 anos é gratis. As prazas son limitadas.
A Festa dos Callos de Santa Cilla está organizada pola Asociación Santa Cecilia coa colaboración do Concello de Foz.
O Concello focego e a asociación O noso Foz anuncian que a cea de coroación da raíña do Entroido celebrarase o día 11 de febreiro e a Festa do Berberecho será o 15 de abril.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “a comisión de festas O noso Foz e o Concello están inmersos nos preparativos do próximo Entroido. É unha das festas máis importantes do municipio e que despois do ano 2021 e súa edición dixital por mor do COVID19 volveu o ano pasado con restricións, pero de forma segura e, sobre todo, con moito ánimo por parte de participantes e público. Este ano as datas clave desta festividade en Foz son a cea de coroación, que será o dia 11 de febreiro na gran carpa situada na Sala Bahía, como se ven celebrando os últimos anos (atrasada a data debido á celebración do San Blas); a cea de comadres, que será o xoves 16 (...
leer másO 23 de xaneiro ás oito e media da tarde, no marco das actividades do club de lectura A carón dos libros, contará coa presenza da escritora e académica María López Sández “coa que compartiremos conversa sobre a súa novela O faro escuro e sobre a súa obra en xeral”, explican desde a organización.
Este encontro estaba programado para novembro e aprazouse por mor do Covid.
Esta é unha actividade aberta e gratuíta para todo o público que se queira achegará Libraría Bahía, en Foz.
Antes, esa mesma tarde María López Sández estará no IES de Foz conversando co alumnado.
A localidade focense de Vilaxoane celebra as súas festas de San Blas os días 3 e 4 de febreiro, venres e sábado.
O venres 3 é do Día do Patrón e a partir das 13:00 horas haberá misa solemne, procesión, bendición do tradicional pan de San Blas, imposición do santo e sesión vermú co dúo Belinda. Ás 18:00 horas celebrarase outra misa solemne e pola noite haberá verbena amenizada polo dúo Belinda e a orquestra Solara.
Ao día seguinte celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e a continuación sesión vermú co trío Principal. Pola noite na verbena actuarán o trío Principal e a orquestra Gran Parada.
Haberá recinto cuberto con carpa e calefacción.
Tamara González, una vecina de Bilbao, es la ganadora del fin de semana de turismo rural que sorteó Pastelería Anduriña, de Foz, entre la clientela que estos días compró sus roscones de Reyes.
La afortunada disfrutará de una estancia de un fin de semana para dos personas, con cenas y desayunos, en Casa Castiñeira, de Muxía.
El sorteo se celebró en la jornada de ayer, lunes, en Radio Foz.
Desde Pastelería Cafetería Anduriña agradecen a su clientela “la confianza depositada en nosotros un año más para contar en sus mesas con nuestros roscones de Reyes” y felicitan a la ganadora del premio sorteado: “felicidades a Tamara González. Esperamos que disfrute de la Costa da Morte y también de A Mariña lucense. Y queremos agradecer a Radio Foz, que un año más haya acogido este sorteo de...
leer más