A "Situación e futuro da prensa en Galiza" será analizada en Foz o 10 de novembro nun acto organizado por Nós Diario

A asociación cultural A Pomba do Arco convida a asistir a unha xuntanza conversa titulada "Situación e futuro da prensa en Galiza", un encontro  que organiza Nós Diario para festexar a saída do número 1000 do xornal. 
 
O acto desenvolverase o 10 de novembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Foz e nel intervirán María Obelleiro e Xoán Costa, directora e presidente do consello de administración de Nós Diario, respectivamente.
 
Desde A Pomba do Arco sinalan: “agardamos a vosa participación nesta xuntanza na que cada quen ten a oportunidade de dialogar e de expoñer a súas opinións sobre a situación e o futuro da prensa en Galiza”.