
O día 21 de marzo celébrase o día da poesía. Na Librería Bahía vano celebrar este sábado, día 17, ás doce da mañá, cunha sesión de Familias que contan entorno ao libro “Poemar o mar”, de Antonio García Teijeiro.
As encargadas desta sesión srán a libreira Cielo Fernández e a súa filla, Agua Menacho.
Antonio García Teijeiro recibiu por este libro o premio nacional de literatura infantil o ano pasado, isto quere dicir, que este premio recaeu nun libro galego, e ademais nun libro de poesía, o que da idea da calidade deste libro.
“Achegar a poesía aos pícaros e facelo de xeito divertido e lúdico é o que pretendemos con esta nova sesión de Familias que Contan dedicada nesta ocasión á poesía”, explican desde Librería Bahía.