Expomar
A vindeira edición da Feira Náutico Pesqueira Expomar 2021 celebrarase do 19 ao 22 de maio. Será por primeira vez de mércores a sábado, por cuestións organizativas e prácticas, segundo explicou este mediodía o presidente da Fundación organizadora e alcalde de Burela, Alfredo Llano.
Llano explicou que “tivemos unha reunión os responsables de Expomar porque hai que ir organizando xa a feira que corresponde ter para o ano que ven. Hai que ir dando os pasos para que iso sexa unha realidade e para procurar que todos os eventos que se fan en Galicia se complementen”.
O rexedor burelés e presidente da Fundación Expomar subliñou que “a proposta que fixemos hoxe para celebrar a Feira Náutico Pesqueira é os días 19, 20, 21 e 22 de maio de 2021, e paralelamente haberás as xornadas técnicas e o encontro empresarial”.
... leer másYa está abierto el plazo de inscripción para asistir este jueves 25 de junio a las XXVII Xornadas Técnicas de Expomar, que se celebrarán a través de vídeoconferencia en la plataforma “IESIDE sin muros” de Afundación Abanca. La inscripción puede realizarse de forma gratuita desde la web www.expomar.com.
Bajo el título “La Pesca, un sector esencial; y ahora, qué?”, esta primera edición no presencial de las Xornadas analizará la situación pesquera actual desde distintos puntos de vista, teniendo en cuenta el impacto del COVID-19 y el BREXIT en un sector esencial como la pesca, así como las principales repercusiones sociales y económicas esperadas para los próximos meses.
El foro, que iba a tener lugar en Burela los pasados 28 y 29 de mayo pero se había aplazado por la situación de...
leer másAs Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial, que organiza a Fundación Expomar, celebraranse finalmente o vindeiro mes de xuño a través de vídeo conferencia. Así o acaba de anuncia o seu presidente, Alfredo Llano, que tamén se referiu a Produart 2020, unha cita que case con total probabilidade non se poderá levar adiante este ano.
O rexedor e presidente da Fundación Expomar explicou que “hoxe fixemos unha reunión do comité executivo de Expomar. Realmente hoxe, 28 de maio, deberiamos estar celebrando as Xornadas Técnicas, pero derivado de toda a problemática que xa coñecemos non se puideron levar adiante”.
Llano subliñou que “a Fundación Expomar ten o seu compromiso grande co sector náutico pesqueiro e queremos organizar algo durante este ano. Loxicamente como presencial vai ser algo moi difícil estamos vendo a...
leer másA Fundación Expomar anuncia que, debido á situación do estado de alarma no que se atopa España, como consecuencia da actual pandemia do coronavirus (Covid-19), decidiuse aprazar a celebración das súas XXVII Xornadas Técnicas e XXI Encontro Empresarial, que ían ter lugar en Burela os días 28 e 29 de maio.
Este aprazamento foi analizado desde tódolos puntos de vista por parte dos membros do Comité Organizador de Expomar 2020, que considera que é a mellor decisión para os axentes implicados. As Xornadas e o Encontro Empresarial aprázanse indefinidamente, pendentes de nova data segundo marquen a evolución dos acontecementos e as indicacións gubernamentais.
O presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, explicou que “xa é habitual agora ir desprazando moitos eventos ou incluso anulalos. Nosoutros tíñamos previsto...
leer másO comité executivo da Fundación Expomar celebrou unha xuntanza nas últimas horas para continuar coa organización das Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial que se celebrarán os días 28 e 29 de maio. Na cita deste 2020 abordaranse temas como a xestión pesqueira actual e futura ou o mercado de consumo e a comercialización. A Fundación Expomar continuará a traballar nas vindeiras semanas para pechar os poñentes deste ano.
O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, contou que “a xuntanza que mantivemos onte foi coa finalidade de ir xa atando cabos para facer unha nova edición de Expomar, coas Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial que corresponde facer no mes de maio. Hai que ter en conta que a feira exposición se fai cada dous anos, polo tanto este ano non toca, pero si que imos ter as Xornadas Técnicas e o...
leer másO salón de plenos do Concello acolleu a presentación da XVIII Feira Monográfica Náutico-Pesqueira Expomar 2019. No acto interviñeron o xerente, José Manuel González, o alcalde e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro. Tamén asistiron representantes de Absa e da confraría de pescadores de Burela, entre outros.
Llano subliñou que “este ano imos ter unha singularidade este ano como é a celebración do Consello Galego de Pesca, que é a primeira vez que sae de Santiago de Compostela. Polo tanto cremos que é unha oportunidade interesante que fagan en Burela a súa sesión plenaria, que saquen conclusións e que as dean a coñecer no mesmo recinto feiral”.
O rexedor e presidente da Fundación Expomar engadiu que “temos todo preparado na nave de redes...
leer másA XVII edición da Feira Expomar que terá lugar en Burela entre os días 25 ao 28 deste mes, acollerá máis de 300 firmas do sector nos case 200 stands do recinto feiral. O alcalde e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, subliña a elevada demanda dos profesionais para estar presentes nesta feira náutico pesqueira, que foi presentada este mediodía no barco museo Reina del Carmen.
O rexedor salientou que “vimos de facer esta presentación en Burela no barco-museo Reina do Carmen que se dedicou moito tempo ao bonito e polo tanto nada mellor que facelo aí”.
O alcalde burelés destacou que “está todo o recinto da feira ocupado, non soamente dentro senón que ademais vanse facer actos fora derivado da demanda que hai este ano de formar parte da feira exposición náutico pesqueira aquí en Burela. Consideramos que é...
leer másO alcalde, Alfredo Llano, asegura que xa está pechado o programa e todo o que ten que ver coa Feira Náutico Pesqueira Expomar, que terá lugar do 25 ao 28 de maio. Haberá dúas presentacións do evento, unha o día 12 en Santiago e outra o 16 en Burela. O tamén presidente da Fundación Expomar anuncia como novidade que se renderá homenaxe ao Servizo de Busca e Salvamento Marítimo. Será nun acto que se celebrará o día 27 ás 12 do mediodía no recinto feiral.
Llano contou que “onte tivemos a que presumimos que foi a última reunión da comisión organizadora de Expomar 2017 porque xa cerramos todo o programa e está todo o recinto ocupado na nave de redes situada no porto de Burela, está a tope e incluso houbo algunha firma comercial que tivo que quedar fóra por falta de espazo. Isto quere dicir que se está recuperando un pouco o sector náutico...
leer más