Expomar
A Casa de Galicia en Madrid acollerá o 19 de xaneiro a presentación da XIX Feira Monográfico Náutico-Pesqueira Expomar. Será nun acto ás sete da tarde e ao que foron convidadas un cento de persoas, segundo deu a coñecer o alcalde, Alfredo Llano. Despois haberá unha degustación de peixe de Burela patrocinada pola Consellería do Mar.
O rexedor dixo que “estamos moi ilusionados con esta cuestión porque é unha oportunidade de poder presentar unha feira destas características, importante para Burela, na Casa de Galicia en Madrid. Falei co responsable e non houbo pega ningunha para organizar esta presentación para o día 19 deste mes as sete da tarde”.
Llano considera que “este ano debe ser unha feira exposición náutico pesqueira exemplar, ata onde nosoutros poidamos chegar. Hai que darlle moita importancia á pesca,...
leer másA nave de redes do porto de Burela (Lugo) volverá acoller unha cita que non se celebraba desde maio de 2019. A Fundación Expomar organizará tamén o XXIV Encontro Empresarial e as XXX Xornadas Técnicas.
Despois da reunión do Comité Executivo da Feira, que tivo lugar este mércores pola tarde, a Fundación Expomar confirmou as datas da próxima edición da súa feira monográfica náutico pesqueira: Expomar 2023 celebrarase entre o 10 e o 13 de maio de 2023.
A principal novidade reside nas propias datas de celebración, pois por primeira vez terá lugar de mércores a sábado. “Con esta medida cremos que profesionalizamos aínda máis a feira porque se centra a actividade máis nos días laborais e non na fin de semana, e respondemos así a unha demanda habitual dos propios expositores”, asegura José Manuel González ‘Brais’,...
leer másLa 23ª edición del Encontro Empresarial de Organizaciones Pesqueras abre este jueves por la mañana el programa de actividades de Expomar 2022, que reúne de nuevo a las entidades más representativas de la flota gallega y a las asociaciones profesionales del sector pesquero a nivel nacional para debatir acerca de los principales problemas que afronta el sector pesquero.
Como novedad este año las conclusiones tomadas durante la reunión de los representantes de la flota, que tendrá lugar en las instalaciones de Armadores de Burela entre las 10:00h y las 14:00h, se harán públicas en la primera sesión de las Xornadas Técnicas, que se celebran en el salón de actos de la Cofradía de Pescadores de Burela desde las 16:30h
La 29ª edición de las Xornadas Técnicas Expomar mantiene su formato clásico abierto al público de forma...
leer másO padroado da Fundación Expomar mantivo un encontro nas últimas horas co obxectivo de aprobar o plan de actuación para 2022. As Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial terán lugar os días 19 e 20 de maio, segundo deu a coñecer o alcalde de Burela, Alfredo Llano. A Fundación Expomar, que contará cun orzamento de 80.000 euros en 2022, tentará recuperar a celebración de Produart (feira de produtos artesanais e ecolóxicos).
Llano contou que “onte tivemos unha reunión ordinaria do Padroado da Fundación Expomar para aprobar o plan de actuacións para o próximo ano. Para o 2022 non toca facer a feira exposición, pero si as xornadas técnicas e o encontro empresarial, que fixamos en principio para os días 19 e 20 de maio. O 19 serían as xornadas técnicas, que, segundo as necesidades e os temas que queiramos tratar, poderán ser pola mañá e pola...
leer másLas XXVIII Xornadas Técnicas de Expomar de este año, pese a las limitaciones impuestas por la situación sanitaria de la Covid19, van a convertirse en las más abiertas de su historia, ya que la Fundación Expomar ofrece múltiples posibilidades para seguirlas en directo.
Para la puesta en escena de la xornada se empleará la plataforma zoom, por lo que las personas interesadas en interactuar con los ponentes deben registrarse previamente desde la página www.expomar.com. Las diferentes ponencias también se podrán seguir en directo a través de youtube, con acceso directo desde la misma página de Expomar.
El evento, que se celebra en la mañana de este jueves bajo el título “2021: odisea en la Pesca”, no sólo se podrá seguir a través de internet, sinó que las personas del sector...
leer másLa DG Mare de la Comisión Europea, el Ministerio de Pesca y la Consellería do Mar estarán representadas en las Xornadas Técnicas que la Fundación Expomar organiza la próxima semana bajo el título “2021: Odisea en la Pesca”, en una clara mención a las dificultades y desafíos que tiene que afrontar el sector pesquero en esta época marcada por la pandemia de la Covid-19.
Las Xornadas Técnicas 2021 contarán con la participación de Emilia Gargallo, de DG Mare de la Comisión Europea; Javier Garat, secretario general de Cepesca y presidente de Europeche; Isabel Artime, directora general de pesca sostenible del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación; y Rosa Quintana, conselleira del mar de la Xunta de Galicia, que se encargará de clausurar esta edición.
Después de la presentación a cargo del presidente de la...
leer másAs XXVIII Xornadas Técnicas e o XXII Encontro Empresarial de Expomar volverán celebrarse este ano de xeito telemático os vindeiros días 20 e 21 de maio.
A Fundación Expomar celebrará as súas Xornadas Técnicas na mañá do xoves 20 de maio baixo o título “2021: Odisea na Pesca”, nunha clara mención ás diferentes dificultades e desafíos que ten que afrontar o sector pesqueiro nesta época marcada pola pandemia da Covid-19.
A xornada, que será como sempre aberta ao público, terá lugar entre as 10:00h e as 13:30h a través dunha plataforma online e poderase acceder desde a web de www.expomar.com. Para asistir hai que rexistrarse previamente e a inscrición pode facerse xa desde a mesma web www.expomar.com/xornadas2021.
... leer másO comité executivo da Fundación Expomar reuniuse para ultimar o programa das Xornadas Técnicas de Pesca e o Encontro Empresarial, que se van celebrar os días 20 e 21 de maio e que se titularán 2021 Odisea na pesca. Entre os poñentes estarán Alicia Villauriz, Emilia Gargallo e Javier Garat. A cita será clausurada pola conselleira de Pesca, Rosa Quintana. As xornadas serán telemáticas.
O presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano, explicou que “reunímonos o comité executivo da Fundación Expomar, onde ultimamos o programa e puxemos título ás Xornadas Técnicas deste ano 2021 que se van celebrar o 20 de maio. O día 21 será o Encontro Empresarial que sempre ten un interese especial porque aí fálase do que realmente preocupa ao sector. O título deste ano será 2021, Odisea na pesca. Preocupámonos de traer aos mellores para...
leer másA Fundación Expomar acordou, na reunión do comité executivo celebrada onte, que este ano non haberá Feira Naútico Pesqueira en Burela debido a que non se da a seguridade suficiente para a súa celebración. A vindeira edición terá lugar en 2023. Neste 2021 si que haberá, os días 20 e 21 de maio, as Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial que, por segundo ano consecutivo, terán lugar de xeito telemático. Nos vindeiros días iranse pechando o programa e os poñentes.
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, contou que “onte fixemos unha reunión ordinaria do comité executivo da Fundación Expomar, xa estaba acordado facela despois da Semana Santa. Basicamente estivemos estudando todo respecto ás Xornadas Técnicas e ao Encontro Empresarial que pretendemos facer os días 20 e 21 de maio”.
Llano subliñou que “decidimos este ano...
leer másO alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, anunciou que en maio deste ano non se celebrará unha nova edición da Feira Náutico Pesqueira, debido á situación sanitaria que estamos a vivir. A Fundación mantén as Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial, que se desenvolverán de xeito telemático.
Alfredo Llano, tras a xuntanza que mantivo nas últimas horas a Fundación Expomar, explicou que “a nosa conclusión unánime é que no mes de maio é imposible facer nin a Feira Expomar nin calquera outro evento que requira gran movemento de material e de persoas que teñen que estar nun recinto. Polo tanto, en principio decidimos non convocar a ninguén para a Feira Expomar deste ano. Imos observar como vai a seguridade sanitaria, como vai evolucionando todo pero, evidentemente, se vemos que non hai seguridade e pode repercutir...
leer más