A vindeira edición da Feira Náutico Pesqueira Expomar 2021 celebrarase do 19 ao 22 de maio. Será por primeira vez de mércores a sábado, por cuestións organizativas e prácticas, segundo explicou este mediodía o presidente da Fundación organizadora e alcalde de Burela, Alfredo Llano.
Llano explicou que “tivemos unha reunión os responsables de Expomar porque hai que ir organizando xa a feira que corresponde ter para o ano que ven. Hai que ir dando os pasos para que iso sexa unha realidade e para procurar que todos os eventos que se fan en Galicia se complementen”.
O rexedor burelés e presidente da Fundación Expomar subliñou que “a proposta que fixemos hoxe para celebrar a Feira Náutico Pesqueira é os días 19, 20, 21 e 22 de maio de 2021, e paralelamente haberás as xornadas técnicas e o encontro empresarial”.
Alfredo Llano engadiu que “a novidade é que comeza o mércores e remata o sábado, antes remataba o domingo, pero pensamos que é mellor facelo así por cuestións de organización e para favorecer á xente que veña montar os seus stands”.