Entrega
AciaFozCCA entregará os 15 soldos da campaña dos días do Pai e da Nai o vindeiro luns, 9 de maio, ás 20:30 horas na Casa da Cultura. Tamén recibirán os seus galardóns os gañadores da XVIII Ruta de Tapas, que se celebrou a pasada Semana Santa. Ao acto asistirán o alcalde de Foz, Fran Cajoto, o presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas, o xefe territorial de Economía e Empresa, Gustavo Casasola, o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, e outras autoridades.
O primeiro premio da décimo oitava Ruta de Tapas foi para Namarinos polo seu “nido de bacalao con guacamole y crujiente de cebolla”; o segundo premio recibirao Dandy polo seu “hojaldre de carrillera”; o terceiro premio será para Anduriña pola súa “piruleta de ternera gallega en tempura sobre crema de queso de San Simón y reducción de vino mencía” e haberá un...
leer másO auditorio municipal acollería o 23 de outubro a entrega de premios do primeiro certame Musicarte, que organizou a Concellería de Cultura.
O edil José Díaz anunciou que “el sábado 23 de octubre a las 20:30 horas en el auditorio municipal de Burela vamos a hacer la entrega de premios del primer certamen Musicarte, concurso de videoclips para escuelas de música y conservatorios de Galicia que organizamos hace unos meses y para el que hubo una buena participación de varios centros musicales gallegos. Y finalmente el jurado, que estaba compuesto por Pepe Vázquez Peinó, por Estíbaliz Veiga como presidenta y por Matías Nicieza, los tres vinculados al mundo del cine y de la grabación audiovisual, falló ese resultado final, que ya tenemos, y convocamos por tanto a los participantes que quieran asistir a esa entrega de premios de Musicarte el día...
leer másO Concello de Viveiro anuncia os gañadores e gañadoras do I Desfile Dixital de Entroido. Unha iniciativa posta en marcha pola concellería de Cultura co obxectivo de manter viva a tradición do Entroido no municipio adaptándose ás limitacións polo contexto sanitario.
O concurso consistía en enviar unha peza audiovisual na que os participantes mostrasen os seus disfraces. O xurado escolleu como gañadores nas diferentes categorías e subcategorías ós seguintes concursantes:
Infantil Individual:
1. Eva Gloria García
2. Mónica Martínez Ríos
3. Laura Vázquez Díaz
Infantil Parella:
1. Blanca e Álvaro Insua Prieto
2. Martina e Tiago Blanco Fernández
3. Tania González Lage
Infantil Grupo:
1. El Mágico Cuento
2. Silvia...
A escritora, profesora da Universidade de Vigo e estudosa especialista na obra de Álvaro Cunqueiro, Rexina Rodríguez Vega (Rexina Vega), foi designada como Cunqueiriana de Honra de 2021. Así o decidiu este sábado 30 de xaneiro por maioría a comisión designada a tal efecto polo Concello de Mondoñedo e a Casa-Museo Álvaro Cunqueiro, entidades promotoras da distinción, durante unha reunión telemática na que os membros deliberaron despois de que cada un presentara unha candidatura e a promovera de forma argumentada.
Entre os sobresaíntes méritos intelectuais que Rexina Vega atesoura como estudosa e investigadora da obra de Álvaro Cunqueiro, a comisión quixo destacar o gran número de publicacións que desde fai30 años a ensaísta viguesa deu a coñecer en torno á vida e obra do autor mindoniense. Así, referiu títulos coma a súa guía de lectura...
leer másO salón de actos do Concello do Valadouro (Lugo), acollerá o este venres, 11 de decembro, ás 20.00 h, a entrega do premio e presentación do libro “Bica de Montouto” gañador do V Concurso “Balbino” de Relatos, da autoría de José Vázquez Peinó, coñecido como Pepe Peinó.
O acto, que estará aberto ao público ata completar aforo, contará coa presenza do profesor, escritor e membro do xurado do Concurso "Balbino" de Relatos, Xosé Manuel Lobato; o presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, Fernando Redondo; o prologuista do libro, Bernardo Penabade; o ilustrador da portada, Antón Caxoto e o gañador do Concurso "Balbino" de Relatos, Pepe Peinó.
Para aquelas persoas que non poidan acudir á presentación, o autor estará desde as 18,00h asinando libros no propio salón de actos.
Durante o acto tamén...
leer másA gañadora do concurso Polos nosos negocios, convocado por Acisa, recolleu hoxe o seu premio. Carla García López, de 9 anos e natural de Ribadeo, levou 300 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados. Fíxolle a entrega do seu agasallo o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Francisco Iriarte Quintana.
Acisa convocou o concurso Polos nosos negocios en pleno estado de alarma pola pandemia do Covid-19 co obxectivo de amosar o apoio dos ribadenses ao comercio e á hostalería locais.
Desde a directiva de Acisa lembraron que “do que se trataba era de deseñar un cartel e un slogan que animasen á xente a facer as súas compras no comercio da vila e a consumir na hostalería local, despois de varios meses de peche obrigado ocasionado pola chegada da pandemia do...
leer másO Concello de Xove, a través do departamento de Investigación Social do Concello de Xove, elaborou o libro “Baleeira de Morás” dentro do proxecto Xove Mirando ao Mar.
Ata o mes de agosto de 2015 atopábanse no noso concello os edificios que formaron parte da antiga factoría baleeira de Morás, que estivo en funcionamento entre os anos 1965 6 1977.
Este libro é unha guía, unha aproximación á historia da caza dos cetáceos, onde se explica como rematou en Morás o último vestixio industrial baleeiro do Cantábrico e analiza o seu impacto industrial na zona, as relacións laborais e as condicións das primeiras traballadoras asalariadas desta empresa no noso municipio. Así como unha análise da biodiversidade e a conservación dos cetáceos. O libro recolle unha ampla reportaxe fotográfica de veciños e veciñas de Xove que traballaron na...