A música protagoniza a axenda cultural do Concello de Ribadeo para esta fin de semana.
O venres, 30 de xullo, actuarán Otus Scops, grupo de rock instrumental dedicado á interpretación de clásicos dos 50, e Wavi Gravies, banda de rock con influenzas da música garage e surf.
O sábado, 31 de xullo, ofrecerán un concerto a banda de música electrónica Laura Lamontagne & Pico Amperio e a DJ Russinha.
O 1 de agosto será a Xira a Santa Cruz, que organiza Amigos das Gaita. Ás 12:00 no parque de San Francisco actuará Paco Nogueiras. E ás 20:30 horas no auditorio de Cabanela será a quenda para Xosé Lois Romero e Abaloria. En caso de choiva estas actividades quedarán suspendidas.