O venres, día 20 de agosto, ofrecerá un concerto o pianista Javier Peranes, dentro do Festival Bal y Gay. Será no Auditorio Municipal, ás 20:30 horas. A venda de entradas faise a través da web do Festival.
Tamén incluído na programación do Bal y Gay, o día 21 actuará Cantoría-Ensalada Musical, nun concerto ideal para público familiar. Terá lugar no Teatro ás 12:00 horas e a entrada é de balde.
O domingo, día 22 de agosto, o grupo Remakers tocará no Forte de San Damián ás 20:30 horas dentro do ciclo Soa Forte. Nesta ocasión non hai venda anticipadas de entrada e o despacho de billetes farase a partir das 19:30 horas. O prezo da entrada é de 3 euros.