comercio
Mañá, martes, Acisa efectuará o 2º reparto dos rueiros editados hai algunhas semanas. En total repartiranse nesta quenda 7.000 unidades entre os hoteis asociados, na Oficina de Turismo, na praia das Catedrais e no Real Club Náutico de Ribadeo.
Desde a directiva explican que “este segundo reparto faise despois de actualizarse o mapa de asociados, debido ao elevado número de altas que tivemos en Acisa nos últimos tempos”.
En Acisa subliñan que “todo aquel asociados que desexe ter exemplares para entregar aos seus clientes, sexa comerciante ou hostaleiro so ten que solicitalo. O obxectivo é dar a coñecer aos nosos asociados e asociadas, a turistas e visitantes todo o que poden atopar cando chegan a Ribadeo”. E engaden que “deste xeito concluímos o programa de publicidade e promoción que na asociación puxemos en...
leer másChega a fin de semana sen IVE a varios establecementos comerciais asociados ao Centro Comercial Aberto de Foz. Durante os días 23 e 24 de xuño, coincidindo coa IV Festa Vintage, haberá descontos especiais en 5 Lobiños, Chinela Nenos, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Lourdes Lencería y Baño, María Docampo, Vagaluz, Vas’s, Vas’s Outlet e Zapatería Carmen León.
Todo está listo en Foz para a celebración da 4ª Festa Vintage, que nesta ocasión estará dedicada aos anos 80. Durante toda a fin de semana haberá moitas actividades, tapas e menús vintage e o sorteo presencial de 1.000 euros en vales de compra.
Un total de 15 locais hostaleiros ofrecerán durante as dúas xornadas, 23 e 24 de xuño, tapas vintage a 1,50 euros e menús vintage por 15 euros. Os participantes son: A Funcional, A Viela, Aroma, Anduriña, Mayros, Costumes do Mar, Fraggle...
leer másAcisa pon en marcha unha campaña para fomentar as compras e as visitas a Ribadeo durante as xornadas dos domingos. Domingueo en Ribadeo, ese é o slogan elixido pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos para animar as mañás dominicais.
O presidente de Acisa, David Martínez, explica que “o que queremos é que a xente teña moi presente que os domingos pola mañá, desde hai moitos anos, o comercio de Ribadeo abre as súas portas para facilitarlles as compras. Queremos que os veciños e veciñas da comarca da Mariña, do Occidente asturiano, e tamén doutros puntos como Lugo, Avilés ou Xixón, por exemplo, veñan tomar uns viños, vermús, que veñan tomar o aperitivo ou xantar á nosa hostalería, que veñan mercar roupa, agasallos, complementos ou mesmo a prensa ou o pan ao nosos locais asociados. Calquera día é bo para vir a...
leer másAcisa ultima os preparativos da VI Cea de Gala que terá lugar o vindeiro venres, día 17, ás 21:30 horas no hotel restaurante Voar, de Ribadeo. No evento entregaranse os premios anuais da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, que este ano recaen en Antonio Pertejo Castaño e no restaurante A Cofradía, de Rinlo.
Antonio Pertejo recibirá o premio Ribadense Honorífico, “como empresario histórico ribadense de grande relevancia”, sinalan desde a directiva de Acisa. E como Socio do Ano o premio é para o restaurante A Cofradía “pola súa traxectoria como asociado de Acisa e por ser un negocio próspero que está facendo medrar a proxección turística de Rinlo e de Ribadeo”.
Desde Acisa animan “a todos os asociados e asociadas a que acudan a esta cita anual na que se comparten vivencias e experiencias. Será unha velada...
leer más