AciaFozCCA organiza unha nova edición do Comercio na Rúa, que se celebrará os días 20, 21 e 22 de xullo.
Durante esas xornadas os establecementos comerciais participantes sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais.
Nesta nova edición do Comercio na Rúa participan un total de 34 establecementos, que son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Foz, Antigüedades Álvarez, Arrullos, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Chuvia Complementos, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, La Flor Abulense-2, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mexicosas, Mi Casa, OfiFoz, Sensación Surf, Unique-2, Vas´s, Vas´s Oulet, Xanela Complementos, Xoguetería Bahía e Yo te mimo.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que “no Comercio na Rúa atoparán unha ampla oferta en moda e calzado así como todo tipo de artigos necesarios para o verán e para a volta o cole. É unha oportunidade moi interesante”.
Con esta campaña de AciaFozCCA colaboran o Concello de Foz e a Xunta de Galicia.