Nova noite de teatro no Pastor Díaz de Viveiro este sábado, 28 de febreiro. Antonio Durán "Morris" e Pedro Alonso son os protagonistas de "O crédito".

Nova noite de teatro no Pastor Díaz de Viveiro este sábado, 28 de febreiro. Antonio Durán "Morris" e Pedro Alonso son os protagonistas de "O crédito".
 
Em2 Emoción&Arte porá en escena o vindeiro sábado, 28 de febreiro, a obra “O crédito”, que protagonizan Antonio Durán “Morris” e Pedro Alonso. Será a partir das 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. Trátase dunha comedia de 90 minutos de duración. A venda de entradas será a partir das 19:30 horas na billeteira do teatro o mesmo día da función. Máximo de 4 entradas por persoa. 
 
“O crédito”: No noso civilizado mundo, cando necesitas cartos vas ao banco e pides un crédito. Se non cho conceden volves para a casa, coa cabeza gacha, pensando que as cousas están moi mal, que os tempos cambiaron, que o crédito non flúe. Pero se cadra hoxe non. Talvez hoxe, cando che deneguen o crédito non marcharás para a casa co rabo entre as pernas, manso como unha ovella.. Quizais hoxe mirarás ao director da oficina aos ollos, poñeraslle as cartas sobre a mesa e diraslle que hoxe es ti quen ten o burro pola corda e que se non che dá os cartos pensas emprender medidas de forza, medidas realmente potentes. Nada violento, vállame Deus, iso non, pero hoxe, se o señor director non che solta a pita,
iniciarás unha acción definitiva que converterá a súa vida nunha catástrofe.. O crédito estreouse en Barcelona e xa leva 8 meses continuados en cartel recibindo unhas fantásticas críticas e un cheo total nas súas funcións. A versión en castelán tamén xa está estreada e colleitou o mesmo éxito.