A compañía Boneca Lareta representará o vindeiro domingo, 26 de abril, en Barreiros a obra Sede de mal. Será ás 19 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
O reparto está formado por Luis Iglesias e Xavier Deive, dous dos actores mais importantes da escena galega, participantes en series de éxito como Matalobos e Gaivotas subterráneas. Sede de mal é un espectáculo cheo de humor, teatro e música en directo.
Boneca Lareta chega a Barreiros a través do programa Cultura no Camiño 2015, do Agadic e a Xunta de Galicia, e conta coa colaboración do Concello barreirense.