Manuel Manquiña e Ángela Andrada chegan o 6 de maio a Burela con "Todo nunha noite". Entradas á venda.

Será este venres, 6 de maio, ás nove da noite no auditorio municipal. O prezo das entradas, que están á venda en ataquilla.com é de 9 euros. 

SINOPSE:
Un salón. Dúas persoas. Unha actriz. Un director. Moito alcohol. Deus. O diaño. Unha proposta… Todo Nunha noite é a nova montaxe teatral de Abismo Caracol dirixida por Darío Autrán (Salamandra, Relatos Negros, El cuarto de Mona) escrita por Manuel Manquiña e interpretada por el mesmo e Ángela Andrada. Sesenta minutos de risas, emoción e reflexión sobre a sociedade e as súas contradicións.