Cine
A Casa da Cultura de Burela acollerá este venres, 1 de decembro, ás 20:30 horas a proxección do filme animado “Bella e o circo máxico”, para todos os públicos.
Forma parte da iniciativa Cine na Rúa, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e a entrada será de balde.
A actriz Berta Ojea estará o vindeiro 29 de novembro en Ourol para falar de María Casares, a quen coñeceu en París no ano 1989, forxando unha amizade que duraría anos.
Desde o Concello de Ourol convidan “a todas as persoas que queiran coñecer a Berta Ojea a que se acheguen a Ourol o vindeiro día 29 de novembro, ás 18:30 horas ao Edificio Multiusos”. A entrada é libre e gratuíta.
O título da charla que pronunciará Berta Ojea é “Mulleres, galegas, actrices”.
O obxectivo destas colaboracións é poñer en valor “o cine”, un sector tan sumamente castigado nos últimos tempos e que non podemos permitir que desapareza o único que queda en Viveiro. Por este motivo, o CCHV, a Asociación Prato-Do co seu proxecto Viveiro Sostible e Cines Viveiro continúan a sumar forzas para fomentar e apoiar a cultura cinematográfica nos mais novos.
Estas asociacións explican que "o ano pasado iniciamos este tipo de colaboracións, no que se ofrecían descontos en forma de vales para animar ós pais e nenos a ir ó cine e a iniciativa foi moi ben acollida. Para esta fin de semana, poremos en marcha de novo esta iniciativa para achegar o cine a tódolos pequenos. Consiste nun vale desconto de 2€ para o sábado 18 ou o domingo 19 de novembrocon 3 películasde animación e aventurasa elexir,“Trolls 3, “La Patrulla Canina” y “Una...
leer másCon motivo da conmemoración do 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia da Muller, o Concello de Trabada programa a proxección da película "Custodia compartida" o día 25 de novembro, sábado, ás 18 horas na Casa da Cultura.
Este filme é “unha mostra da dor que sofren moitas mulleres e moitas familias, pola violencia machista que padecen nas casas, situacións que se dan en todas partes e que condicionan o resto da vida, por iso é imprescindible sensibilizar e visibilizar esta lacra porque como ocorre con todo aquilo que no se nomea ou non se recoñece, parece que non exista e desgraciadamente os datos reais non deixan de aumentar cada ano”.
CARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 16 DE NOVIEMBRE
1 THE MARVELS DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO V 21:00
1 THE MARVELS DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO S 19:30 22:00
1 THE MARVELS DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO D 17:30 20:15
2 FIVE NIGHTS AT FREDDY'S DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO V 21:00
2 FIVE NIGHTS AT FREDDY'S DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO S 19:15 22:00
2 FIVE NIGHTS AT FREDDY'S DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO D 17:30 20:15
3 ALIMAÑAS DIGITA L 2D ORIGINAL CASTELLANO V 21:00
3 ALIMAÑAS DIGITA L 2D ORIGINAL CASTELLANO S 22:00
3 ALIMAÑAS DIGITA L 2D ORIGINAL CASTELLANO D 20:30
3 TROLLS 3: TODOS JUNTOS DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO S 19:00
3 TROLLS 3: TODOS JUNTOS DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO D 17:30