Con motivo da conmemoración do 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia da Muller, o Concello de Trabada programa a proxección da película "Custodia compartida" o día 25 de novembro, sábado, ás 18 horas na Casa da Cultura.
Este filme é “unha mostra da dor que sofren moitas mulleres e moitas familias, pola violencia machista que padecen nas casas, situacións que se dan en todas partes e que condicionan o resto da vida, por iso é imprescindible sensibilizar e visibilizar esta lacra porque como ocorre con todo aquilo que no se nomea ou non se recoñece, parece que non exista e desgraciadamente os datos reais non deixan de aumentar cada ano”.