O Concello de Foz organiza charlas divulgativas no xacemento arqueolóxico de Carreiro-Marzán este venres, día 6 de agosto.
As Delegacións de Cultura e de Patrimonio do Concello focense explican que “serán impartidas por Roberto Bartolomé, arqueólogo da Empresa Engobe Arqueología, que está a realizar a sondaxe e prospección arqueolóxica dos castros na zona do Carreiro, no paseo de Llas”.
Os grupos serán de 10 persoas como máximo e as charlas desenvolveranse nestes horarios: de 12:00 a 12:30, 12:30 a 13:00, de 17:30 a 18:00 e de 18.00 a 18.30 horas.
Os interesados en asistir deben chamar previamente á Delegación de Cultura Concello de Foz (teléfono 982.140.027).