Cenima
Ata o 15 de setembro está aberta no Cenima, en Foz, a exposición "Abismos. Entre a sombra e a alma".
Ata o vindeiro 15 de setembro permanecerá, na sala de exposicións do Cenima de Foz, o proxecto "Córgomo Arte VI. Abismos. Entre a sombra e a alma. Edición Mariña".
Trátase dunha iniciativa persoal de Manolo Conde e Victorino Núñez, chegado de Vilamartín de Valdeorras, como un exemplo de proxecto de comunidade que integra a arte contemporánea nos ritmos vitais e culturais do rural. Córgomo Arte constitúe un acto de rebeldía contra o establecido e, por primeira vez, deixa a comarca de Valdeorras para tratar de tender pontes e estender o efecto contaxio á comarca da Mariña luguesa. De feito o certame contou nesta última edición coa participación de artistas mariñáns como Lu Vila, Cris Basanta, Martín Lestao ou Patricia Arellano.
Nesta mostra atópanse obras de: Manuel Conde (Córgomo), Victorino Núñez, Patricia...
leer másEste mércores, 1 de agosto, ás 20:00 horas no Cenima, de Foz, terá lugar a inauguración da mostra titulada Huellas de Araceli Larrán e Lucía Vila.
Huellas revela ao espectador invencións, apuntes, observacións e procesos de investigación destas dúas artistas. O proxecto ten un punto de partida intimista do que se xeran obras que abarcan diferentes ámbitos técnicos: debuxo, pintura, poesía, collage…
Lucía Vila é licencia en BBAA e Historia das Artes, e compaxina a súa actividade artística coa docencia en ensinanzas medias. Araceli Larrán, formada en BBAA, traballa como profesora de ensinanzas medias en Cantabria, onde reside.
A exposición estará no Cenima de Foz ata o día 15 de agosto, e pode visitarse en horario de 10:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas de luns a sábado.
...
O mércores, 28 de marzo, inaugurase en Foz a quinta edición da Semana das Artes Plásticas da Mariña.
O Cenima de Foz acollerá no seu escaparate 33 obras que son as últimas creacións de 23 artistas mariñáns. Esta mostra é un acto máis encadrado na homenaxe ao escultor Juan Puchades Quilis ao que a asociación cultural Tá en Artes dedica este ano 2018. Máis de 1600 alumnos/as e 80 profesores visitarán a exposición que contará con dúas profesionais da arte para facer as visitas guiadas.
A mostra permanecerá aberta ata o 10 de maio en horario laborable de 10:00 a 13:00 horas, e de 18:00 a 20:00 sábados e festivos.
Colaboran coa celebración deste encontro cultural a Mancomunidade de Municipios da Mariña, a Deputación Provincial que subvenciona os 500 catálogos que recollen a mostra, e o...
leer másA Deputada de Recadación Económica e Facenda, Mayra García Bermúdez, inaugurou a mostra itinerante Nós+outrxsen rede, que estará exposta ata o 8 de outubro, no CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña) de Foz. Fíxoo xunto ao Tenente de Alcalde de Foz, Pedro José Fernández Martín, á Coordinadora da exposición, Encarna Lago, e a varios autores desta exposición colectiva.
García Bermúdez sinalou que “dende o Goberno da Deputación programamos durante todo o ano nos Concellos da provincia, exposicións, obradoiros e actividades que promoven e defenden a igualdade, como o proxecto Nós+outrxs en rede, ao mesmo tempo que dinamizamos a vida nas vilas e difundimos o traballo dos artistas lucenses por toda a provincia”.
Trátase dunha colección de máis de 140 obras, que conta coa colaboración do municipio focense, na que...
leer másO alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, inaugurou a exposición de fotografías e cerámica titulada Misturas, que está aberta ao público no Cenima ata o día 30 deste mes.
A mostra, que está incluída na programación cultural do Concello focense, inclúe cerámica creada por Xela Area Pesquera e fotografías de Xulio Montero Cabrera.
A asociación Pomba do Arco, de Foz, organiza as xornadas de debate "Sentirmos a arte" entre os días 18 e 21 de abril.
O programa dá comezo o 18 de abril con Jorge Salgado, quen titula a súa intervención como O oco que non acouga. O mércores 19 Mercedes Rozas fala sobre A muller e a arte de resistencia. O xoves 20 intervén Daniel Caxigueiro co tema A fotografía como xogo creativo. O venres 21 rematan estas xornadas con Olga Osorio quen aborda O noso audiovisual.
As conferencias celébranse ás 20:30 horas no salón de actos do Cenima de Foz.
O vindeiro sábado, 1 de abril, terá lugar no Cenima, en Foz, a presentación dos carteis e dípticos da exposición “Ser visibles”, que se poderá visitar nesa instalación do 7 ao 30 de abril. O acto dará comezo ás 13:30 horas.
Os organizadores invitan “a todos e todas (profesorado dos centros educativos, artistas, asociacións culturais, concellos, medios de comunicación e público en xeral) á presentación dos carteis, que subvencionados pola Deputación Provincial de Lugo, fixemos este ano con motivo da exposición que teremos no Cenima de Foz, coa participación de 11 artistas da Mariña (ADRI PARDO, LALY SANTOS, PILAR REI,LUCÍA CATUXO, ZILÍ KATOVA, CRIS BASANTA, LUCÍA VILA, EVA RIVAS, ALICIA PUCHADES, CARMEN LLONÍN E RENATA OTERO.) entre o día 7 de abril inauguración e o 28 de abril peche. Arredor da cal contaremos ademais cunha serie de...
leer másDende o 7 de abril no Cenima, de Foz , 11 mulleres mariñáns serán as protagonistas da exposición da cuarta edición da Semana das Artes da Mariña lucense. Permanecerá aberta ata o 28 do mesmo mes. Contará coa visita dos escolares e profesores da Mariña, como ven sucedendo nas edicións anteriores, e co público que queira achegarse a contemplar as propostas artísticas destas 11 artistas: Zili Katova, Cristina Basanta, Lucía Vila, Eva Rivas, Alicia Puchades, Carmen LLonín, Adriana Pardo, Laly Santos, Pili Rei, Lucía Catuxo e Renata Otero.
Esta nova proposta pretende integrar arte e educación, como medio de avanzar nos procesos creativos de todas e todos os habitantes da comarca. Coñecemento, creatividade e expresión artística, son os soportes dun desenvolvemento emocional que intenta mellorar as condicións de vida dos/as cidadáns mariñáns. Con...
leer más