A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro e o colectivo Prato-Do poñen en marcha unha campaña de colaboración con Cines Viveiro para os días 18, 19, 25 e 26 de xaneiro
Centro Histórico de Viveiro anuncia: “continuamos coa colaboración que xa ven sendo habitual con Cines Viveiro e Prato-Do. Cada edición que poñemos en marcha convértese nun éxito de participación por parte do público, ten moi boa acollida tanto polos peques da casa como dos pais como dos colexios. O obxectivo segue a ser o de poñer en valor o cine, e achegar a cultura cinematográfica ós mais novos, pero sempre desfrutando dende unha butaca de sala de cine e nunha gran pantalla. Por este motivo, o CCHV, a Asociación Prato-Do e Cines Viveiro continúan a sumar forzas para acadar a visibilidade que merece o esforzo que conleva ter películas de primeira, estreas ó mesmo tempo que no resto do territorio nacional, nun cine local. Serán vales desconto de 2 euros para poder ver, nesta ocasión, tres películas de animación e aventuras a elixir cada fin de semana: Mufasa, Sonic3 e Vaiana 2”.