Campus
Esta mañá deu comezo unha nova edición do campus de fútbol organizado polo Celta de Vigo e o Concello de Barreiros coa colaboración dos equipos de fútbol locais, C.F. Celta Barreiros e o Ibería C.F. que ceden as súas instalacións para o desenvolvemento do mesmo.
Con récord de participación e o 100% das prazas cubertas, 60 nenas e nenos foron recibidas esta mañá no campo de fútbol de As Valgas pola alcaldesa, Ana Ermida; o concelleiro de dinamización e participación veciñal, Dani García; e o coordinador do campus, Martín Varela.
Ás 9:30 horas recibiron a equipación completa de adestramento e xa comezaron a tocar balón e facer os primeiros exercicios e xogos que os adestradores tiñan preparados para esta primeira xornada.
Un ano máis, o Concello de Barreiros asume un desconto de 32€ para...
leer másRibadeo acollerá do 3 ao 7 de xullo un campus de fútbol do Real Oviedo no que participarán medio cento de nenos da contorna. O evento foi presentado esta mañá no Parque de San Francisco. Ao acto asistiron representantes do club asturiano, do Concello ribadense, así como do Ribadeo FC e da SD Ribadeo.
O alcalde, Dani Vega, dixo: “alégrome de que Ribadeo sexa a sede que o campus do Oviedo escolle para formar a moitos rapaces, para que os introduza no mundo do deporte. Creo que é algo moi positivo. Ribadeo é esa porta de entrada de moitas actividades que estamos ofertando e imos seguir facéndoo para que veciños e visitantes, todos disfrutemos do noso pobo, que todos amamos e respectamos, que é Ribadeo”.
O rexedor cre que “esta actividade, que empeza o día 3 e remata o 7, vai ser unha oportunidade para que moitos...
leer másO Concello de Viveiro e i Deportivo da Coruña presentaron hoxe o Campus de Verán 2023, que será do 3 ao 7 de xullo para nenos e nenas de entre 6 e 14 anos.
Ao acto de presentación asistiron a alcaldesa en funcións de Viveiro, María Loureiro; Pablo Barros, coordinador de actividades da Fundación do Deportivo da Coruña, e Francisco Vizoso, presidente do Viveiro SD.
Ademais dos adestramentos técnicos no campo municipal Marcos Gómez, os nenos e nenas participantes recibirán unha equipación do Deportivo, agasallos, merendas, diplomas, etc. Haberá outros xogos e unha festa de clausura.
Asistirán varios adestradores da canteira do Deportivo. Os nenos e nenas poderán asistir na próxima tempada a un partido do Dépor.
Os prezos oscilan entre os 105 e os 125 euros e a...
leer másDesde la Fundación Celta señalan que “a partir del lunes 26 de junio podrás disfrutar de una nueva edición de los Campus de verano Fundación Celta by Cabreiroá 2023 que, durante seis semanas sin interrupción, se llevarán a cabo por diferentes sedes repartidas por toda la geografía gallega”.
El club anima “a disfrutar de tu deporte favorito entrenando con los técnicos de la cantera del RC Celta, equipo de fútbol más representativo de nuestra comunidad y con una gran reputación en la formación de jóvenes jugadores tanto a nivel nacional como internacional.Esta eficaz formación futbolística irá acompañada de aprendizajes referentes a la educación integral y de un entorno de entrenamiento donde la diversión está asegurada”.
Los campus están destinados para niños y niñas de 4 a 16 años.
Las...
leer másBurela acollerá o I Campus Mixto FutbolinLugo, que se presentou no salón de actos do Concello. Desenvolverase do 17 ao 21 de xullo no campo da Marosa e está destinado a nenas e nenos de 5 a 16 anos. No acto participaron o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, o xefe territorial de Presidencia da Xunta, Gerardo Criado, Diego Díaz da organización e Jairo Campo da SD Burela.
O edil burelés manifestou: “quero agradecer tanto a Diego como a Jairo que elixiran Burela para este primeiro campus mixto de fútbol. Desde o primeiro momento sabedes que o Concello sempre estivo colaborando con Futbolinlugo en todas as iniciativas que expuxo. De feito o primeiro All Star fíxose aquí, en Burela, e é unha iniciativa que está tendo éxito e que está desprazándose por diferentes campos. Hai que agradecer o traballo que facedes e estou segurísimo de que...
leer másO Concello de Cervo volverá acoller o campus de baloncesto EntreNos, entre o 26 de xuño e o 2 de xullo.
O pavillón da Veiga, que é o escenario no que se desenvolverá a actividade deportiva, acolleu a presentación da IV edición, da man do rexedor, Alfonso Villares, o edil de Deportes, David Rodríguez, e o director e o responsable de comunicación do campus, Nacho Mota e Pablo Ojea, respectivamente.
O Campus, en réxime interno, está dirixido ás crianzas nadas entre o ano 2005 e o 2010 (ambos incluídos).
O equipo técnico estará formado por Cristino Menor, Nacho Mota, Zaida Iglesias , Juanma López , Merche, Javier Cal, Gonzalo Faya e Juan Carlos Paz.
Os integrantes do Campus EntreNos recibirán cada día unha masterclass a cargo de recoñecidos profesionais do basket,...
leer másO Concello de Viveiro acolleu a presentación dunha nova edición do Déporcampus, que se celebrará do 4 ao 8 de xullo.
Na presentación participaron María Loureiro, alcaldesa de Viveiro; César Iglesias, concelleiro de Deportes; Francisco Vizoso Rojo, presidente do Viveiro SD, e Pablo Barros, do RC Deportivo, coordinador dos Déporcampus.
Está organizado polo RC Deportivo e o Viveiro SD, coa colaboración do Concello de Viveiro. O campus é para nenos de 6 a 14 anos e o prazo para inscribirse remata o 30 de xuño ás 12:00 horas.
“Debemos impulsar e colaborar con este tipo de iniciativas, que fomentan o deporte e impulsan a conciliación da vida familiar e laboral durante os meses de verán”, asegurou María Loureiro.
A inscrición realízase a través da página web oficial do...
leer másEsta mañá tivo lugar no Concello de Barreiros a presentación do “Campus de Verán Fundación Celta by Cabreiroá 2022”. Ao acto acudiron a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; o concelleiro de dinamización e participación veciñal, Daniel García; o director da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta e membros das directivas dos equipos locais que colaboran co evento cedendo as súas instalacións.
O campus está dirixido a crianzas de 4 a 16 anos do municipio ou de fóra del que poderán mellorar a súa formación futbolísticas empregando metodoloxías lúdico-educativas de adestramento da canteira do RC Celta. Todo acompañado de aprendizaxes referentes á educación integral, aos valores de compañeirismo e superación.
O campus chega a Barreiros na semana do 1 ao 5 de agosto. Do 1 ao 3 no campo de As Valgas e do 4 ao 5 no campo O...
leer másNo Concello de Viveiro tivo lugar a presentación do “DéporCampus Cabreiroá”, o campamento de fútbol organizado pola Fundación R.C. Deportivo da Coruña e que este ano volverá a realizarse no municipio.
Viveiro acolle de novo un dos campus máis lonxevos e exitosos da Fundación R.C. Deportivo, tras unha tempada na que non foi posible realizar a actividade por mor das dificultades da pandemia.
Os nenos e nenas interesados poden participar nesta actividade entre o 5 e o 9 de xullo. Actualmente, as inscricións xa están abertas para menores de entre 6 e 14 anos. O procedemento para apuntarse estará aberto ata o xoves 1 de xullo ás 12:00 nesta ligazón:
http://deporcampus.rcdeportivo.es/es/viveiro-2021/inicio
No acto...
leer más