Burela
O Concello de Burela presentou hoxe unha nova actividade dirixida a mulleres, que se levará a cabo entre o 1 e o 10 de decembro. Trátase dunhas Xornadas Formativas para mellorar, mediante o uso das novas tecnoloxías, as capacidades de emprendemento e busca de emprego feminino. Están promovidas pola Secretaría Xeral de Igualdade, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia, e levaranse a cabo os días 1, 3, 5, 9 e 10 de decembro, en horario de 16:00 a 20:00 horas, nas instalacións da Aula CEMIT na Casa da Xuventude. As interesadas poden facer as súas inscricións no Centro municipal de Información ás Mulleres.
Dende a Concellería de Igualdade recordan que “esta actividade formativa non só está dirixida ás veciñas do municipio, senón tamén a todas aquelas mulleres que proceden dos...
leer más
A Concellería de Cultura de Burela presenta este sábado, 29 de novembro, a obra A nena e o grilo nun barquiño, da compañía de teatro de Magín Blanco. O espectáculo está dirixido ao público infantil e familiar e consiste no relato da historia dunha viaxe mediante a interpretación de cancións que van desde o reggae, ao pop, ao rock ou á bossa nova. Comezará ás 17:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura da vila e a entrada será libre e gratuíta ata completar aforo. Dende a Concellería de Cultura de Burela informan que este acto consiste na representación dun espectáculo de arredor de 60 minutos, centrado na música en directo e no teatro para tódolos públicos. Nel intervirán Magín Blanco coma voz e guitarra, Jorge Juncal coma pianista e acordeonista, María Faltri ao baixo, Montse Piñón coma actriz encargada a dar vida á...
leer más
O salón de plenos do Concello acolleu unha xuntanza/concentración como acto de repulsa contra a violencia de xénero. Alí gardouse un minuto de silencio polas mulleres asasinadas ao longo deste ano. A continuación tivo lugar a proxección dun vídeo para sensibilizar aos asistentes sobre esta problemática social. Nos actos que tiveron lugar no Concello participaron xogadoras do Burela FSF. Tamén esta tarde foron entregados os premios aos gañadores do VIII Concurso e Microrrelatos e do IV Concurso de Lemas, organizados polo Concello para celebrar o día internacional contra a violencia de xénero. Macarena Ledo e José Díaz foron os gañadores do Concurso de Microrrelatos deste 2014 e José Mª González Pajón, usuario da Fundación Eu Son foi o gañador do Concurso de Lemas.
...
leer más
Burela celebrará o 25 de novembro cun seminario, unha pancarta, unha concentración e a lectura dun manifesto, entre outras actividades, que deu a coñecer no día de hoxe a concelleira de Igualdade, Diana Durán. O 24 de novembro a antiga biblioteca será escenario do II Seminario sobre Violencia de Xénero, que organiza o Concello xunto a asociación Mulleres en Igualdade Burela. A cita xirará entorno á Mocidade ante a violencia de xénero.
Xa o 25 de novembro desenvolverase o acto institucional para conmemorar o día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Segundo explica a concelleira de Igualdade, Diana Durán, “ao longo da mañá distribuiremos por Burela lazos de cor morada e tamén a publicación realizada cos microrrelatos gañadores do ano 2013. Colocaremos na entrada do Concello un libro de sinaturas onde aquelas persoas que o desexen poderán...
leer más
A Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade e o Centro de Información ás Mulleres, organizan para este mércores, 19 de novembro, un curso sobre Persoal Branding e Marca Persoal dirixido a mulleres. A actividade levarase a cabo en horario de 10 a 13 horas pola mañá e de 16 a 19 horas pola tarde, e será impartida na Aula de Familia da Casa da Cultura burelesa. As interesadas poden anotarse no CIM, presentando o seu DNI e cumprimentando a solicitude de inscrición pertinente. O curso conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Igualdade dependente de Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e tamén co apoio da Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo.
... leer másA concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela, organiza o seu XIII Certame de Debuxo e Pintura con motivo do Día Mundial da Sida. Con el pretende concienciar á poboación en xeral, e especialmente á xente máis nova, sobre o VIH-SIDA, a súa prevención e a capacidade de ser solidarios coas persoas que padecen esta enfermidade. No concurso poderán participar tódolos rapaces do Concello de Burela que teñan entre 12 e 20 anos e entreguen os seus debuxos orixinais antes do 25 de novembro, nos centros de Ensinanza Secundaria da localidade ou na Unidade Asistencial de Drogodependencias de Burela (Rúa Laxelas s/nº).
...
leer más
O Concello de Burela continua coa súa programación cultural para este outono 2014 e presenta este sábado, 15 de novembro, a obra Contos de medo que deixan durmir, á cargo da compañía A Trastenda dos Contos con Caxoto Contacontos. O espectáculo, dirixido ao público infantil e familiar, dará comezo ás 17:30 horas horas na Casa da Cultura de Burela.
O espectáculo Contos de medo que deixan durmir é unha historia que aborda coma tema principal o medo na infancia. Para logralo, sérvese de historias que contan os propios nenos para aprender a rirse do medo e lograr converter este...
leer másA Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade convoca o IV Concurso de Lemas e o VIII Concurso de Microrrelatos con motivo da celebración o vindeiro 25 de novembro do día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. A recepción de traballos remata o 19 deste mes.
O obxectivo do IV Concurso de Lemas é “transmitir a través de mensaxes curtas a importancia da educación en igualdade e da necesidade da eliminación da violencia contra as mulleres”, segundo explica Diana Durán. Nesta cita poderán participar todas as persoas empadroadas en Burela e cada unha pode enviar ata un máximo de 5 lemas, que deberá remitir á seguinte dirección de correo electrónico: cim@burela.org, indicando que é para o IV Concurso de Lemas e incluíndo o seu nome completo,...
leer más