A Academia Imdecum abrirá a cuarta edición das súas Xornadas do Deporte a vindeira semana con surf. A campioa de Europa Surf 1997-1999 e Longboard 2010, Estitxu Estremo, falará da riqueza deste deporte na Mariña o vindeiro luns, 18 de maio, ás 10.00 horas, no IES Monte Castelo de Burela.
O programa formativo da Academia Imdecum tamén abordará o fútbol gaélica, o fútbol e o rally. A iniciativa, que conta ademais coa colaboración da Deputación de Lugo e o IES Monte Castelo, está destinada a alumnado e titulados/as do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas do centro burelao, monitores deportivos e demais profesionais relacionados co deporte, así como a todo o público interesado.
En 2014, a terceira edición do ciclo deportivo contou coa presenza do profesor da Universidade de Vigo Ángel Barajas, especializado en Economía do Deporte, o técnico do Obradoiro CB, Moncho Fernández, e a judoca Sara Álvarez.
Luns 18 de maio
“O surf na Mariña Lucense”
IES Monte Castelo (Aula de Usos Múltiples), ás 10:00 h.
Dª. Estitxu Estremo (Campioa de Europa Surf 1997-1999 e Longboard 2010)