Hoxe tivo lugar a presentación do cartel e do programa das festas patronais de Burela 2015. Ao acto asistiron membros da comisión organizadora, o alcalde, José Mª González Barcia, e os concelleiros Diana Durán e José Casas.
Os festexos darán comezo o 29 de maio coa celebración da Festa de Cabo Verde na praza de abastos e coa baixada da imaxe desde a igrexa de Vila do Medio ata a parroquial.
O pregón, que será o 30 de maio na Casa da Cultura ás 20 horas, será pronunciado por Martín Barreiro, meteorólogo de TVE.
Os días grandes das festas patronais de Burela serán o 5, o 6, o 7 e o 8 de xuño. Haberá verbenas coas orquestras Galilea, Garibaldi, Televisión, Philadelfia, Palladium e París de Noia. O 6 de xuño é a xornada na que se confeccionará a grande alfombra floral desde a igrexa ata o porto, que pola tarde noite percorrerá a procesión de baixada da imaxe ao peirao. Ao remate haberá un espectáculo de luminarias e fogos artificiais.
Segundo Diana Durán “o programa que elaborou a comisión de festexos inclúe actividades para todos os públicos, para nen@s e adultos. Así haberá actos deportivos, musicais, de ocio, música, etc. Desde o Concello animamos a veciñ@s e visitantes a disfrutar das festas patronais de Burela 2015”.