Tras dous anos de parón pola pandemia, o 26 de agosto Lourenzá acollerá o XXIII Día da Bici, organizado polas Escolas Deportivas e o Concello laurentino.
A tradicional celebración contará co paseo de 12 quilómetros á Cazolga e a carreira da tartaruga no Cantón. Ao rematar esta última, haberá máis probas e competicións, así como trofeos e agasallos sorpresa.
Comezará as 19:00 horas coa saída ata A Cazolga dende a Praza Conde Santo. É obrigatorio o uso do casco. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ese mesmo día na praza a partir das cinco da tarde.