Bicicleta
Este domingo, 19 de setembro, celebrarase en Foz o Día da Bici. Está organizado polo Concello, a través da Delegación de Xuventude e Deportes, que explica: “a pesar da situación epidemiolóxica queremos volver gozar dunha xornada familiar na que pais e nais pasean en bici cos nenos e nenas. Non poderemos realizar algunhas actividades clásicas deste día, pero adaptámonos ás circunstancias actuais”.
A inscrición previa é obrigatoria e pode realizarse mediante o correo electrónico: bici@concellodefoz.es ou a través dos perfís do Concello nas redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram). Tan só deben remitirse os seguintes datos ata o 18 de setembro: nome e apelidos, data de nacemento e teléfono.
A saída será ás 11:30h desde a explanada do porto, a onde volverán os participantes despois...
leer másEste domingo, 19 de setembro, terá lugar unha xornada lúdico-deportiva para celebrar o Día da Bicicleta, unha actividade que serve para reivindicar o uso da bicicleta como medio de transporte saudable e sostible así como para fomentar o deporte en familia segundo salientan desde a concellería de deportes.
A saída da ruta, que está prevista para as 17:00 horas, terá lugar desde a pista deportiva situada na zona da praia de Altar, percorrerá a zona costeira do municipio ata completar unha distancia de 7km aproximadamente e será unha marcha neutralizada, NON competitiva. Trátase de pedalear todas e todos xuntos desfrutando da tarde.
Ao remate da ruta haberá xogos lúdicos e cada participante, co seu número de dorsal, entrará no sorteo dunha bicicleta e varios agasallos máis.
As inscricións...
leer másEl Club Ciclista Viveiro organiza un paseo en bici a Celeiro, Gymkana y chocolatada este próximo sábado, 4 de enero.
El recorrido saldrá de la explanada de los pabellones a las 11:00 horas.
Pueden anotarse los menores de 12 años, hasta este jueves, a través de +info:ccviveiro@gmail.com.
O Concello de Foz organiza un ano máis o Día da Bici, que se celebrará o 28 de setembro. Unha cita moi agardada por pequenos/as e maiores, que a convirte nunha actividade familiar na que compartimos unha marcha polas praias.
Sairá do Parque Infantil de Tráfico ás 16 horas e como é costume, a zona de avituallamento estará no parque do Río Ouro, onde os participantes repoñerán forzas para volver con ánimo ao punto de partida.
Ao finalizar non faltará o sorteo da bicicleta, de agasallos e dalgunha que outra sorpresa. E como non, a entrega de premios, sempre disputada: mellor disfraz, bici mellor engalanada, máis nova/o e máis veterano/a.
A inscrición será solidaria, aportando 1kg de produtos para o Banco de Alimentos. Agora mesmo o que máis falta fai son leite, aceite, cacao, conservas,...
leer másO Concello de Cervo será o escenario da 1º Mini BTT Medela MTB o vindeiro domingo, 8 de setembro.
Este evento federado desenvolverase nun circuíto que foi deseñado e trazado pola organización no Monte de Lieiro, froito dun acordo coa Comunidade de Montes, propietaria dos terreos.
A cita deportiva, organizada polo Club Medela MTB, coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, o edil de Deportes, David Rodríguez, a edil de Educación, Dolores García Caramés, e por varios membros do ente organizador, David Riera, Víctor Riera e Diego Ballesteros; que estiveron acompañados polos pequenos que asisten cada día aos Enredos de Verán que tiveron a oportunidade de testar o circuíto, como unha actividade dentro deste programa de conciliación familiar deseñado polo Concello de Cervo para...
leer másO Concello focense xunto co Club Ciclista Foz organiza o Día da Bici que se celebrará este vindeiro sábado, día 22 de setembro. A saída será ás 16:00 horas desde o Parque Infantil de Trafico. O percorrido discorrerá pola ruta das praias ata a área recreativa do río Ouro, en Fazouro.
As inscricións poden facerse desde hoxe, luns, ata o venres 21 na Casa da Xuventude focense. As persoas interesadas tamén poderán anotarse o propio día do evento, o sábado 22, desde as 14:30 ata as 15:30 horas, na saída, no Parque Infantil de Tráfico. Para inscribirse terá que facerse entrega dun quilo de produtos que se destinarán ao Banco de Alimentos.
Haberá premios para a bicicleta mellor engalanada, o mellor disfrace e os participantes máis novo/a e veterano/a.
Colaboran coa organización do Día da Bici:...
leer másO Concello focense e o Club Ciclista Foz organizan o Día da Bici, que se celebrará o 23 deste mes de setembro, sábado.
O Concello de Foz anunciou hoxe que “a inscrición para participar poderá realizarse na Casa da Xuventude focense desde o vindeiro luns, día 18, ata o venres 22 ou no teléfono 982.13.30.37. E tamén é posible apuntarse o mesmo día no lugar de saída da marcha, que é o parque infantil de tráfico (PIT), de 14:30 a 15:30 horas. Este ano de novo pedimos a colaboración co Banco de Alimentos con un quilo de produtos (o que máis se necesita é leite, galletas, cacao, pasta ou produtos de hixiene).
Tamén explican: “partiremos ás 16 horas do PIT ata a praia da Pampillosa, onde teremos o avituallamento. Esta xornada lúdica é un clásico que moitas persoas agardan para compartir unha xornada de deporte en familia...
leer másO Concello está a instalar 14 aparcabicis en puntos estratéxicos da vila. E tamén procede estes días ao pintado e creación de prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida. O investimento global nestas obras ascende a 21.000 euros, segundo deu a coñecer o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor declarou que “como ben se poderá ver nestes días estamos a facer unha serie de pequenas obras de mellora en canto á accesibilidade de persoas discapacitadas por unha banda, así como tamén de comodidade para os usuarios de bicicletas pola outra”.
Suárez Barcia contou que “estivemos atendendo as peticións que os usuarios da asociación de discapacitados Cogami, nos suxeriron en canto á accesibilidade e mellora de prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida, e tamén para a eliminación dalgunhas...
leer más