O Concello de Alfoz informa á veciñanza da apertura do prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais nas modalidades de patinaxe e atletismo e as Actividades Deportivas para Adultos, que se abrirá do 20 ao 27 de setembro. Este programa ofrece unha variada oferta de actividades destinadas a promover a práctica deportiva entre persoas de todas as idades.
As modalidades dispoñibles inclúen :patinaxe e atletismo, dirixidas aos máis novos e as Actividades Deportivas para adultos, como ximnasia de mantemento, aerobic, ioga e pilates. Destaca a actividade de pilates, que foi unha novidade da tempada pasada e que, debido á alta demanda da veciñanza, ampliará o seu horario nesta, ofrecendo unha hora adicional.
Con estas iniciativas, o Concello de Alfoz asegura que “reafirma o seu compromiso coa promoción do deporte e o benestar físico, fomentando un estilo de vida saudable e activo entre as veciñas e veciños de todas as idades”.