Adultos
Ás 20:30 horas deste sábado, 25 de febreiro, dará comezo a representación de “Búho”, a cargo de Titzina. Será no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro.
Pablo, un antropólogo forense especializado en xacementos paleolíticos sofre un ictus que lle provoca unha amnesia severa. Asistimos a unha procura interior pola súa memoria para recuperar os seus recordos, en definitiva, a súa identidade.
Dende hoxe, 31 de outubro, está aberto o prazo para inscribirse nas seguintes actividades para persoas adultas:
Ximnasia de mantemento.
-Ferreira – Luns e mércores de 10:00 a 11:00
-O Cadramón – Martes de 18:45 a 19:45
Ioga – Mércores de 18:00 a 19:00
Taller de memoria – Martes e venres de 17:30 a 18:30
Uso de novas tecnoloxías e trámites nas administracións –
Xoves de 17:00 a 18:30
“O prazo de inicio está previsto para o próximo luns, 7 de novembro. Estando condicionado o desenvolvemento das citadas actividades á existencia dun mínimo de 8 participantes en cada unha delas e á dispoñibilidade de monitores”, explican desde o Concello de O Valadouro. As bases poden consultarse en valadouro.gal/servizossociais
O Concello de Alfoz abre o vindeiro luns, 19 de setembro, o prazo de inscrición para participar en actividades deportivas para adultos, concretamente nas modalidades de aerobic, ximnasia de mantemento e ioga. As solicitudes deben entregarse na Oficina de Rexistro do Concello ata o 26 de setembro. As prazas son limitadas e por rigorosa orde de entrada en rexistro. As actividades comezarán no mes de outubro e rematarán a finais de maio.
A ximnasia de mantemento será luns e mércores de 18:30 a 19:30 horas no pavillón municipal. O ioga desenvolverase na Escola de Nenos de Adelán e haberá dous grupos: un os martes e xoves e de 17:00 a 18:00 horas; e o outro os luns de 17:00 a 18:00 horas. E o aeróbic será no pavillón municipal os luns e mércores de 19:30 a 20:30 horas.
Os interesados en máis información poden chamar...
leer másEste sábado, 19 de marzo, Incendiaria Teatro chegará a Viveiro con A lúa vai encuberta. Será no Teatro Pastor Díaz ás 20:30 horas.
O elenco artístico está composto por Melania Cruz, Davide González, Vanesa Sotelo e Tito Asorey
O autor deixou unha nota no prólogo: “Esta peza teatral escribina polos anos setenta, por encargo do Grupo Teatral da Asociación Cultural Auriense que xa representara Unha vez foi o trebón. Comezados os ensaios, o grupo desfíxose”. Iso deixou escrito Manuel María pero os integrantes do grupo cos que falamos non lembran ter ensaiado a obra nin que o grupo se desfixera durante os ensaios. Aseguran non lembrar que a peza fose escrita para o Auriense pero imaxinar os ensaio nos anos 70 activou en nós unha memoria que nunca puidemos consolidar.
Na procura dunha verdade...
leer másO 26 de marzo ás 20:30 horas Jouse García e Marcos Orsi da compañía teatral Malasombra Producións representarán o espectáculo para público adulto "SÓS" na Casa da Cultura de Burela.
Trátase dunha reflexión, por veces cómica e por veces máis dramática, sobre a vellez, sobre a convivencia e sobre a soidade que sofren moitas persoas maiores nos seus últimos anos de vida.
“SÓS” conta a historia de Rodrigo e Marcelino, dous homes octoxenarios que se ven obrigados polas circunstancias a compartir piso. Os dous anciáns non se coñecen previamente, os dous teñen un carácter totalmente diferente, levaron vidas diferentes e teñen costumes e hábitos absolutamente diferentes polo que a súa convivencia non vai ser fácil. Aínda que non lles vai quedar máis remedio que aprender a tolerarse porque a pesar de que hai moitas cousas...
leer másO Programa de Inmigrantes da Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración de Burela vai organizar unha acción formativa de alfabetización de adultos/as para a aprendizaxe dos idiomas da comunidade galega. Terá lugar o vindeiro luns, 17 de xaneiro.
A edil Noelia Mª Ben explica que “esta acción está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo. Con esta formación trátase de axudar a lograr unha adquisición lingüística favorable para o bo desenvolvemento tanto na vida social como laboral das persoas estranxeiras, xa que entendemos que o bo coñecemento e o bo uso do idioma é un dos motores principais para a integración integral”.
As persoas interesadas poden solicitar máis información na Casa do Concello ou chamando aos seguintes números de teléfono 982 58...
leer másDesde este luns 13 e ata o día 23 de setembro está aberto o prazo de inscrición para participar este curso nas actividades deportivas para adultos organizadas polo Concello de Alfoz: aeróbic, ioga, ximnasia de mantemento e baile.
As inscricións deben presentarse na Oficina de Rexistro do Concello, tendo en conta a orde de entrega para acceder ás prazas dispoñibles en cada modalidade deportiva. Os interesados en máis información poden chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 2).
O venres 10 de setembro ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz terá lugar a reunión informativa para todos os interesados/as en participar este curso nas actividades deportivas para adultos: ioga, aeróbic, ximnasia de mantemento e baile, que se impartirán desde principios de outubro ata finais de maio.
Estas actividades están parcialmente subvencionadas a través do Plan Único da Deputación Provincial (Área de Deportes).
O Concello de Viveiro, xunto á asociación de alumnado adulto do Conservatorio de Música de Viveiro e ao propio centro, organizan un curso gratuíto de iniciación á música, dirixido a persoas adultas sen coñecementos musicais previos.
A formación impartirase durante o mes de maio e pretende achegar ao mundo da música a aquelas persoas con inquietudes musicais que non tiveron a oportunidade de acercarse anteriormente.
As prazas para o curso serán limitadas e a matrícula deberá realizarse entre o 26 e o 29 de abril nas oficinas do Conservatorio de Música ou chamando ao teléfono 982560486.
A Asociación de Alumnado Adulto do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro Melomanía, que preside Mario Vale, é unha asociación musical viveirense sen ánimo de lucro que imparte clases de música...
leer másO Concello de Alfoz comunicou o pasado martes, 26 de xaneiro, a suspensión das clases presenciais nas Escolas Deportivas Municipais e nas Actividades Deportivas para Adultos como consecuencia do Covid-19 e das novas medidas tomadas pola Xunta de Galicia. Sabemos que o éxito e o valor destas actividades non só é pola práctica deportiva, senón por ser un lugar de encontro e onde relacionarse, algo fundamental en concellos pequenos e rurais coma o noso. Está claro que a situación actual non recomenda para nada estas reunións sociais pero no que respecta á práctica deportiva non temos porque abandonala cando se conta con medios para ofrecer alternativas.
A Delegación de Deportes de Alfoz, dirixida por César Marrube, anuncia que todas as modalidades deportivas: ioga, aeróbic, ximnasia de mantemento, baile, patinaxe e fútbol serán impartidas...
leer más