O Programa de Inmigrantes da Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración de Burela vai organizar unha acción formativa de alfabetización de adultos/as para a aprendizaxe dos idiomas da comunidade galega. Terá lugar o vindeiro luns, 17 de xaneiro.
A edil Noelia Mª Ben explica que “esta acción está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo. Con esta formación trátase de axudar a lograr unha adquisición lingüística favorable para o bo desenvolvemento tanto na vida social como laboral das persoas estranxeiras, xa que entendemos que o bo coñecemento e o bo uso do idioma é un dos motores principais para a integración integral”.
As persoas interesadas poden solicitar máis información na Casa do Concello ou chamando aos seguintes números de teléfono 982 58 60 00 ou 982 58 06 09.