Ás 20:30 horas deste sábado, 25 de febreiro, dará comezo a representación de “Búho”, a cargo de Titzina. Será no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro.
Pablo, un antropólogo forense especializado en xacementos paleolíticos sofre un ictus que lle provoca unha amnesia severa. Asistimos a unha procura interior pola súa memoria para recuperar os seus recordos, en definitiva, a súa identidade.