En Ribadeo a Concellaría de Mocidade organiza varias actividades para nen@s e moz@s durante a Semana Santa.

En Ribadeo a Concellaría de Mocidade organiza varias actividades para nen@s e moz@s durante a Semana Santa.
 
A Concellaría de Mocidade organiza varios obradoiros e actividades deportivas dirixidas a nen@s e moz@s durante esta Semana Santa. Haberá obradoiros de fotografía e de cociña, ademais de deportes e lectura. 
 
O día 21 comezarán os obradoiros de fotografía e cociña. O de fotografía para instagram desenvolverase durante os días 21, 22 e 23 de marzo en horario de 10:30 a 13:30 e polas tardes de 16:00 a 18:00 horas. Está dirixido a moz@s a partir de 12 anos e terá lugar na Casa da Xuventude onde se pode facer a inscrición, que é gratuíta. As prazas son limitadas e o material que se precisa é un móbil con posibilidade de instalar Instragram.
 
O obradoiro de cociña tamén será durante os días 21, 22 e 23 con horario de mañá de 11:00 a 12:30 horas. Está dirixido a nen@s de 7 a 12 anos e terá lugar na aula fogar da Casa do Mar. As prazas son limitadas e a inscrición, que é gratuíta pode facerse na Casa da Xuventude. Neste obradoiro farán piruletas de chocolate e arte coa comida ademais de xogar a ser escultor@s coa froita.
 
Por outra banda a Concellaría de Mocidade programou actividades deportivas durante os días 21, 22 e 23 polas mañás en horario de 11:00 a 13:30 horas no Cantón onde haberá pista 3x3 fútbol e de baloncesto. Ademais o día 21 haberá un campionato de Flag Fútbol para nen@s a partir de 7 anos de 16:00 a 20:00 horas no Campo Sintético. As prazas son limitadas e a inscrición gratuíta pode facerse na Casa da Xuventude. Dende a Concellaría indican que se o tempo non acompaña aprazarase a xornada para outro día.
 
A Concellaría de Mocidade organiza ademais unha xornada lúdica para o día 22 de marzo no parque de San Francisco durante a tarde de 16:00 a 19:00 horas. Haberá inchables, baile, animación musical e obradoiros e se o tempo non acompaña aprazarase a xornada para outro día. Por outra banda o día 28 de marzo terá lugar unha actividade titulada Ler Conta Moito na Biblioteca Municipal con Migallas. A entrada será gratuíta.
 
Estas actividades rematarán o día 2 de abril con La Hora del Código. Este será un evento gratuíto que se desenvolverá na Casa da Xuventude en horario de mañá de 11:30 a 13:30 horas. Estará organizado polo Grupo de Seguridade da Información da Coruña e o Concello de Ribadeo para achegar a programación de computadoras dunha forma natural, sinxela e divertida e dirixido a nen@s entre 6 e 14 anos. As prazas son limitadas, deben rexistrarse na https://studio.code.org cun nome e contrasinal. É necesario levar ordenador ou tablet.