Teatro
19/04/2016
Este sábado, día 23, na Sala Multiusos de Viveiro representarase o espectáculo infantil "O Lobo Bobo" de Elefante Elegante.
Dirixido a nenos e nenas de 3 a 7 anos é un espectáculo de pequeno formato pensado para un aforo limitado, máximo 80 persoas. A cita está incluida no programa da Xunta Ler Conta Moito ao que se sumou a Biblioteca Pública de Viveiro.
A entrada será de balde e están dispoñibles na Biblioteca ata o venres, día 22, correspondendo dous por adulto.
12/04/2016
O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle este sábado, 16 de abril, ás 20:30 horas, o espectáculo de novo circo "Impreuna" que pon en escena Pistacatro.
Trátase dun espectáculo mergullado íntegramente nos códigos artísticos do circo con malabares, acrobacias e clowns, sen renunciar á fusión con outras artes como a danza, o teatro físico e a comedia. A función descubre ao espectador a vida interior do circo a través das vivencias dunha troupe de sete artistas.
Cunha duración dunha hora está dirixido a un público adulto.
12/04/2016
Rafael Alvarez “El Brujo”, uno de los actores de teatro españoles más destacados, vuelve a Ribadeo para presentarnos una de sus últimas obras: “El asno de oro” de Lucio Apuleyo, una sátira sobre la corrupción.
La cita será el próximo sábado, 16 de abril, a las 20,30 horas en el Auditorio Municipal “Hernán Naval” de Ribadeo, ocasión única para volver a disfrutar de una de las mejores interpretaciones de este grandísimo actor.
Después del éxito de su visita anterior a Ribadeo con las obras “Cómico” y “El lazarillo”, con las entradas agotadas, en esta ocasión nos ofrece una obra basada en la novela del escritor romano del siglo II d.C. Lucio Apuleyo,...
leer más 07/04/2016
Trátase dunha sesión de historias e contos inspirados nos textos e debuxos de Castelao. Un espectáculo “Qué comerá o rei?” que, coa palabra como única ferramenta, procura o humor agudo e tenro, a expresión sinxela e sutil e o trazo delicado e potente de Cándido Pazó.
Pazó estará este sábado, 9 de abril, na Casa da Xuventude de Mondoñedo ás 20:30 horas. En maio pasará por Viveiro o día 14 ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. E en xuño estará en Burela o día 10 ás 21:00 horas na Casa da Cultura
05/04/2016
Este sábado, 9 de abril, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, Katarsis porá en escena a obra “Pa cama”.
Esta representación está dirixida a nen@s con idades de 1 a 5 anos. Trátase dunha exploración de xogos entre dous amigos que antes de durmir descobren un mundo de aventuras que lles distrae do sono.
A obra está interpretada pola actriz barreirense Estíbaliz Veiga e Kevin Stewart. A duración é de 45 minutos e principiará ás 18:00 horas.
30/03/2016
O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá en abril o Mes do Teatro con catro espectáculos. O primeiro será este domingo 3 e o último está programado para o día 24. Todas as representacións empezarán ás oito da tarde. Anunciouno hoxe a alcaldesa, Rocío López.
Este domingo, día 3, a compañía teatral do Colectivo Ollomao, de Barreiros, representará a obra titulada Oé, oé, oé. O sábado 9 o grupo infantil Os Faladores, de Lourenzá, ofrecerá A apidemia. O seguinte sábado, día 16, a compañía O Centiño, da parroquia focense de San Martiño, representará O caldeiro máxico. E o ciclo rematará o domingo 24 cun espectáculo de monólogos.
Esta...
leer más 30/03/2016
A Delegación Municipal de Cultura presenta á compañía Caramuxo Teatro coa obra Feo!, inspirada en O Parrulo Feo, de Hans Christian Andersen. A representación conta co patrocinio da Concellería de Cultura da Xunta de Galicia e da Rede de Teatro e Auditorios e da propia AGADIC. O acto terá lugar ás 17:30 horas deste sábado, 2 de abril, na Casa da Cultura de Burela, e a entrada será de 2,5 euros. O espectáculo é para todos os públicos.
Caramuxo Teatro é unha compañía de teatro infantil e familiar nada na Coruña no 2003 formada por Juan Rodríguez e Laura Sarasola. No 2005 estrearon Glub, Glub, o que foi no seu momento o primeiro espectáculo de teatro para bebés producido en Galicia. Actualmente, ademais de traballar nunha liña...
leer más 30/03/2016
A Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza unha representación a cargo da compañía malagueña Pata Teatro, que ofrecerá a obra El árbol de mi vida este sábado, día 2 de abril, ás 18:30 horas na Sala Bahía. Está dirixida ao público infantil, concretamente para nenos e nenas de 6 a 12 anos, e ten unha duración de 60 minutos.
Esta obra teatral resultou gañadora dun premio na edición de 2015 da Feria Europea de Artes Escénicas para Niños y Niñas (FETEN), que se celebra en Gijón, e tivo tres nomeamentos nos premios de teatro andaluz do ano pasado.
O prezo da entrada é de 2,5 euros, pero para os menores de 12 anos será de 1,5 euros.
...
28/03/2016
Este sábado, 2 de abril, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro Mofa&Befa no Século d´Ouro porá en escena a obra Bobas &Galegas a partir das oito e media da tarde.
Esta comedia, da que é autor e director Quico Cadaval, está interpretada por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira.
Mofa&Befa foron detidos o ano pasado en Almagro tras inflinxir dolorosas feridas ao inmortal Shakespeare. Postos en liberdade por un erro xudicial, saen da cárcere onde os recluíra a crítica e regresan a Almagro para saciar a súa sede de vinganza. ¿Quén é a víctima? O inocente teatro clásico español.
17/03/2016
A Delegación Municipal de Cultura, dentro da súa programación cultural para este trimestre, presenta a Mircromina Títeres coa obra “Vacacións no mar”. A representación conta co patrocinio da Concellería de Cultura da Xunta de Galicia e a Rede de Teatros a Auditorios de Galicia e da propia AGADIC.
O acto terá lugar ás 17:30 horas do sábado, 19 de marzo, na Casa da Cultura de Burela, e a entrada será de 2,5 euros. A actividade está destinada para todos os públicos.
“Vacacións no mar” é un espectáculo cheo de acción, emoción e interacción co público, ideal para disfrutar en familia.
A Mariña encantaríalle viaxar...
leer más