Trípode e Amigos estarán o 10 de decembro con "A panxoliña máis fermosa" en San Miguel de Reinante e o 18 en Ferreira do Valadouro.

Trípode e Amigos estarán o 10 de decembro con "A panxoliña máis fermosa" en San Miguel de Reinante e o 18 en Ferreira do Valadouro.
 
O grupo Trípode e Amigos estará o sábado, 10 de decembro, ás 18:00 horas, en San Miguel de Reinante coa obra A panxoliña máis fermosa.
 
Con esta representación colaboran nunha iniciativa de Cáritas para recabar fondos para os máis necesitados.
 
O grupo volverá actuar con esta obra o 18 de decembro, ás 20:00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo de Ferreira do Valadouro.
 
A panxoliña máis fermosa, estreada en Alfoz o pasado mes de agosto, son dúas horas de música e humor e está interpretada por Cachín, Santiago Quirós, Pepe Peinó, Alberto Níñez, Susi Paz, Sandra Amieiro, Raquel Amieiro, Mónica Díaz e Leni Níñez.