Empresas
Acisa e Gasóleos Abelleira poñen en marcha unha nova edición da campaña de apoio aos negocios locais asociados. Trátase de 50.000 tarxetas cun desconto de 0,10 euros/litro de combustible, que se poderán obter ao comprar e consumir nos comercios e na hostalería de Ribadeo.
Desde Acisa e desde Gasóleos Abelleira explican que “as 50.000 tarxetas estarán repartidas nos negocios asociados a Acisa e poderán facerse con elas as persoas que compren nos nosos comercios ou que consuman na nosa hostalería entre o 1 de febreiro e o 10 de abril. O gasto a realizar nos establecementos asociados para recibir unha tarxeta deberá ser superior aos 5 euros e só se entregará unha tarxeta por cada compra dese importe”.
E subliñan que “as tarxetas son descontos de 0,10 euros por litro de combustible sen límite nos litros de reposición. E será de aplicación unicamente na estación de servizo...
leer másAciaFozCCA e a Aula da Uned de Foz ofertan un curso de iniciación a Microsoft Excel aplicado ao comercio, que será gratuíto para todos os asociados e asociados que elixan a modalidade presencial.
Serán 10 horas lectivas de formación, que se impartirán na Aula da Uned, de 20:30 a 22:00 horas os días 14, 17, 21 e 24 de febreiro.
Desde a Aula da Uned sinalan que “o uso de follas de cálculo é unha habilidade imprescindible na maioría das actividades laborais. O manexo básico deste tipo de ferramentas é practicamente unha esixencia no proceso de alfabetización dixital”.
Este curso pretende ensinar habilidades básicas, profundando nas funcionalidades das follas de cálculo, facendo fincapé en aspectos profesionais e complexos que lle permitan ao comerciante unha extracción máis áxil e refinada...
leer másO sorteo máis esperado do Nadal de Viveiro xa ten gañadores.
Co número 74.783 repartido na tenda de moda BMD, o premiado foi Rubén Sanchez Villarquide, veciño de Xove.
Co número 122.250 repartido no Laboratorio Dental Anferbadent, a premiada foi Montse Ramil Gonzalez, veciña de Celeiro.
Co número 132.089 (primeiro número das reservas) repartido en Panadería Giz, o premiado foi Jose Luis Martinez Fernandez, veciño de Escourido.
Lembramos que o premio consiste en 3 soldos de 1.200€ cada un en vales de compra, repartidos ó longo dun ano, sendo 100€ ó mes para cada un dos 3 agraciados.
Dende o CCHV “queremos dar a noraboa ós gañadores, e agradecer a tódolos clientes que estiveron pendentes do sorteo, nos chamaron, enviaron mensaxes ou se...
leer másYa se conocen los números ganadores de la XI Fiesta del Comercio de Acisa. El sorteo tuvo lugar en las oficinas de la asociación esta misma mañana y, tal y como se anunció, fue emitido a través de las redes sociales de la asociación.
El gerente de Acisa, Jesús Pérez, intervino al comienzo del sorteo dirigiéndose a la ciudadanía con un mensaje claro: “todos sabemos que el año que hemos vivido no ha sido fácil, por eso quisiera resumir mi intervención simplemente dando las gracias. En primer lugar a nuestros socios, a día de hoy 160 comercios, bares, restaurantes, hoteles, servicios… en resumen, autónomos, que siguen confiando en nuestro trabajo, que con aciertos y errores intentamos sacar a delante día a día. Gracias por no rendirse, gracias por resistir. Nos quedan semanas y meses inciertos, pero de esto también saldremos y lo haremos...
leer másO vindeiro luns, 10 de xaneiro, terá lugar o sorteo da XI Festa do Comercio de Acisa Ribadeo. En xogo estarán 4.000 euros premios. Por segundo ano consecutivo a cita non será presencial, debido á situación sanitaria que se está a vivir.
Todas as persoas que realizan as súas compras no comercio asociado entre o pasado 2 de decembro e ata o 9 de xaneiro están a recibir algunha as 200.000 rifas postas en circulación, setenta e cinco mil máis que o ano pasado.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembra que “este ano, coma o pasado, o sorteo da Festa do Comercio non será presencial para evitar as aglomeracións que se producían outros anos nesa xornada. Vaise realizar nas oficinas de Acisa o 10 de xaneiro e será emitido en vídeo a través das redes sociais da nosa asociación, coa posterior publicación dos números...
leer másElectricidad Núñez gañou o concurso de escaparates Nadal 2021, convocado por AciaFozCCA. O segundo posto foi para Antigüidades Álvarez e o terceiro premio compárteno dous negocios: Viajes Rodríguez e Amarena.
O xurado decidiu outorgarlle un premio especial a Pastelería Anduriña “pola súa decoración interior” e tamén a Fauna “pola súa orixinalidade”.
Desde AciaFozCCA agradecen a participación e o esforzo realizado polos locais para encher de luz e de maxia os seus escaparates e pola súa contribución a crear un agradable ambiente de Nadal.
Este Nadal AciaFozCCA repartiu 6.000 euros en vales de compra superando os 70 premiados. O presidente, José Carlos Paleo, felicita “a todos os premiados tanto no concurso de escaparates como ás persoas que conseguiron eses vales de compra. Quero...
leer másOs números afortunados foron o 15.539, o 74.783 e o 122.250. Como reservas por este orde quedan: o 132.089, o 35.701 e o 148.327.
O sorteo máis esperado do Nadal de Viveiro xa ten números premiados. Recordamos que debido á situación sanitaria actual cancelouse o sorteo presencial na Praza Maior e fíxose o sorteo nas oficinas do CCHV.
Lembramos que o premio consiste en 3 soldos de 1.200€ cada un en vales de compra, repartidos ó longo dun ano, sendo 100€ ó mes para cada un dos 3 agraciados. Este sorteo vai xa pola9ª edición e converteuse en todo un clásico e nunha cita ineludible do Nadal; o ano pasado tivo que suspenderse por mor da pandemia e este ano vímonos na obriga de cambiar o formato de sorteo presencial a online, pero non por elo queremos deixar de repartir os premios.
Ó longo...
leer másDesde el Centro Comercial Histórico de Viveiro explican que “el sorteo se hará online, y se publicará el video en todas nuestras redes sociales, en medios de comunicación y se informará de los números agraciados en los locales asociados”.
Y añaden que “debido a la situación sanitaria actual nos vemos en la obligación de modificar el formato de sorteo, pasando de ser presencial a online. Las papeletas se seguirán entregando en los locales asociados al CCHV, hasta el día 4”.
Desde el CCHV agradecen “todo el interés y la expectación que un año más estaba causando nuestro sorteo de Navidad. Tendremos igualmente 3 ganadores aunque no lo podamos celebrar todos juntos en la Plaza Mayor, como nos hubiese gustado”.
Aciam Xove organiza a campaña de Nadal para potenciar as compras no comercio local e sorteará 1.500 euros en premios entre os seus clientes.
As persoas que realicen compras no comercio da vila recibirán papeletas, ata esgotarse, para o sorteo que se celebrará o día 14 de xaneiro.
Os premios consistirán en vales de compra para gastar no comercio local asociado e haberá 1 de 500 euros, 2 de 250 euros e 5 de 100 euros.
O sorteo será presencial e terá lugar o 14 de xaneiro ás 20:30 horas diante da Oficina de Turismo.
O 31 de decembro conclúe a terceira edición da campaña da Pancha, a moeda local de Ribadeo. O concelleiro de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo, Pablo Vizoso, anima a empregala para as compras destes días.
Foron un total de 114 establecementos comerciais e hostaleiros os que se adheriron a esta campaña, que arrincou o pasado 1 de setembro para facer medrar a economía local, apoiando o comercio de proximidade, a hostalaría e o sector servizos de Ribadeo.
Vizoso Galdo lembrou que “este ano quixemos dar un paso máis dixitalizando todo o proceso de adquisición e de compra e simplificando todas as operacións. Deste xeito tanto para comprar as Panchas como para facer os cobros unicamente se precisa dun teléfono móbil tipo Smartphone. As Panchas puideron e poden adquirirse dende o móbil en fraccións de 30 euros...
leer más