Deportes
29/07/2016
A tempada futbolística bota a andar coa celebración do vicedecano dos trofeos veraniegos españois, o Emma Cuervo que terá lugar este sábado, 30 de xullo, en Ribadeo.
O encontro enfrontará ao Deportivo da Coruña e ao Real Oviedo a partir das 19:00 horas no campo de fútbol municipal Pepe Barrera.
O torneo organizado polo Ribadeo F.C. conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, ACISA Ribadeo e a Deputación de Lugo coa Delegación de Deportes.
28/07/2016
A décimo oitava edición do torneo de tenis Vila de Foz disputarase do 1 ao 7 de agosto nas pistas de Marzán. Foi presentado hoxe, xoves, polo alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, e os directivos do Foz Club de Tenis Ramón Cajoto Sante e Xosé Ramón Veiga.
Este torneo desenvolverase en individuais e dobres, nas modalidades de absoluto mixto e novas promesas. A data límite de inscrición é este sábado, 30 de xullo, e poden realizarse no Bar Escairo ou nos teléfonos 661.20.77.96 ou 619.60.44.95.
25/07/2016
A oitava edición da carreira popular de Foz denominada Run Foz Run celebrarase o día 14 de agosto, domingo, a partir das 10 da mañá con saída desde o colexio Martínez Otero. Os interesados en participar deben inscribirse na web championchipnorte.como ou no Centro Óptico Eliseo ata o 10 de agosto.
A recollida de dorsais poderá facerse o sábado 13 de 17 a 20 horas ou o día da carreira ata as 10 da mañá no patio do colexio Martínez Otero.
Os menores de 8 anos de idade correrán un distancia de 150 metros. Os benxamíns, de 8 e 9 anos, farán un percorrido de 800 metros. O alevíns, de 10 e 11 anos, 1.000 metros. Os infantís, de 12 e 13 anos, e os cadetes, de...
leer más 21/07/2016
A praia focense de Tupide acollerá un bautismo náutico en motos de auga para maiores de 6 anos este domingo, día 24, ás 17:30 horas.
A concelleira de Xuventude e Deportes, Mercedes González Alonso, anunciou hoxe que “o vindeiro domingo, 24 de xullo, teremos a oportunidade de gozar das motos náuticas na ría de Foz. Grazas ao club Galijet o Concello de Foz ofrece a posibilidade de dar un paseo en moto de auga pola ría de Foz a todas as persoas que o desexen. Será a partir das 17:30 horas na praia de Tupide”.
Mercedes González engadiu que “dezaseis motos de auga achegaranse a Foz para que pequenos e pequenas, desde 6 anos de idade, e maiores gocen deste...
leer más 21/07/2016
A Asociación Pasada das Cabras de Burela organiza para o sábado, 23 de xullo, a ruta nocturna a San Cibrao de 9 quilómetros de percorrido e dificultade baixa.
A saída será ás 22:00 horas da praza de A Mariña de Burela. Á chegada a San Cibrao haberá chocolate con churros de balde para os asistentes a esta ruta.
Para poder asistir é imprencindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes do xoves día 21.
19/07/2016
A asociación Barreiros Mar e Monte organiza unha excursión a Santalla de Oscos o vindeiro sábado, 23 de xullo. O prazo para inscribirse remata mañá, mércores, segundo informa a Concellería de Medio Ambiente.
O edil José Manuel Gómez Puente explica que “para este sábado e dentro do programa da excursión a Santalla de Oscos preparamos unha preciosa ruta de sendeirismo, apta para todo o mundo, que discorrerá por un frondoso val cheo de carballos, castaños e unha variada vexetación de ribeira, co agasallo final da vista dunha espectacular cascada ou seimeira”.
O concelleiro de Medio Ambiente sinala que “os que non desexen facer este paseo de 8...
leer más 14/07/2016
Sendeiros de Foz organiza para el 23 de julio la ruta Serra do Buio II dentro de los Sábados de verán.
Los organizadores aseguran que se trata de una ruta bonita y fácil que ofrece unas impresionantes vistas de esta parte de la comarca ya que la altura de la que se parte es de más de 600 metros.
Tendrá un coste de 4 euros para todos los que no estén federados, correspondiente al coste del seguro de accidentes que es obligatorio tener después de la modificación de la ley gallega del deporte.
La salida será el sábado, 23 de julio, a las 9:00 horas de delante del Ayuntamiento en bus hasta el punto de partida de la...
leer más 11/07/2016
O programa de actividades por nenos e nenas maiores de 8 anos e rapaces denominado Noites Alternativas, que organiza o Concello de Cervo, empeza hoxe e desenvolverase ata o 19 de agosto. Foi presentado polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez; a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés; o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto Martínez; e o coordinador das actividades, Iván García.
O concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, explicou que “un ano máis o Concello de Cervo aposta polo deporte e actividades de verán para os nosos mozos e mozas. Despois destes últimos anos, nos que as actividades de verán denominadas Noites Alternativas foron un éxito de participación, volta a organizar actividades gratuítas para os...
leer más 11/07/2016
O Concello de Foz comeza hoxe, luns, o seu programa de noites deportivas que levará a cabo durante este mes de xullo e agosto a partir das dez da noite coa práctica de deportes como fútbol sala, fútbol praia, baloncesto e volei praia.
A concelleira de Xuventude e Deportes, Mercedes González Alonso, salienta que “un año más en Foz se ofrece la oportunidad de poder disfrutar de noches deportivas en las que se pueden practicar varios deportes: desde fútbol sala, fútbol playa a baloncesto pasando también por el volei playa. Estas jornadas se desarrollarán durante tres días en tres semanas de julio y agosto. Quien quiera participar puede inscribirse el mismo día a partir de las diez de la noche”.
... leer más 07/07/2016
O salón de plenos acolleu a presentación do II Torneo de Tenis Concello de Burela Memorial José Luis Yebra, que se disputará do 18 ao 31 de xullo. Está organizado polo Club de Tenis-Pádel A Marosa e conta coa colaboración do Concello.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o día 14 nos seguintes teléfonos 630 744 347 ou 687 433 380 ou tamén no correo electrónico clubdetenispadelamarosa@outlook.com
O torneo disputarase nas seguintes categorías: individual masculino, individual feminino e dobres masculinos. Os prezos de inscrición para socios e non socios oscilan entre os 3 e...
leer más