A praia focense de Tupide acollerá un bautismo náutico en motos de auga para maiores de 6 anos. Será este domingo, 24 de xullo.

A praia focense de Tupide acollerá un bautismo náutico en motos de auga para maiores de 6 anos. Será este domingo, 24 de xullo.
 
A praia focense de Tupide acollerá un bautismo náutico en motos de auga para maiores de 6 anos este domingo, día 24, ás 17:30 horas.
 
A concelleira de Xuventude e Deportes, Mercedes González Alonso, anunciou hoxe que “o vindeiro domingo, 24 de xullo, teremos a oportunidade de gozar das motos náuticas na ría de Foz. Grazas ao club Galijet o Concello de Foz ofrece a posibilidade de dar un paseo en moto de auga pola ría de Foz a todas as persoas que o desexen. Será a partir das 17:30 horas na praia de Tupide”. 
 
Mercedes González engadiu que “dezaseis motos de auga achegaranse a Foz para que pequenos e pequenas, desde 6 anos de idade, e maiores gocen deste deporte durante a tarde do domingo. Para participar tan só hai que achegarse a Tupide e persoal do Concello e de Protección Civil coordinarán este evento. Os e as menores de 18 anos deberán contar con autorización asinada polos pais,nais ou titores”.