Gastronómico
A Xunta de Galicia ten en marcha ata o 15 de decembro a 18ª edición do programa Outono Gastronómico de Turismo Rural, a iniciativa coa que cada ano promove as viaxes fóra da tempada alta combinando o turismo rural e a gastronomía co fin de desestacionalizar e dar pulo ao sector. Nesta campaña participan 23 establecementos da provincia de Lugo.
O delegado territorial, Javier Arias, visitou hoxe un dos aloxamentos adheridos, Casona de Labrada, no concello da Pontenova, para dar a coñecer os detalles deste programa, ao que se adheriron un total de 77 negocios de toda Galicia.
Os consumidores poden escoller entre diferentes modalidades que inclúen menús deseñados especialmente para esta campaña, así como estadías dunha noite ou dunha fin de semana. A maiores, algúns establecementos ofrecen actividades complementarias...
leer másO 11 de agosto terá lugar en Ribadeo, no parque de San Francsico, unha nova edición do Mercadillo Gastronómico a beneficio da AECC.
Dará comezo ás 19:00 horas. Os organizadores contan coa colaboración de 21 locais hostaleiros de Ribadeo ademais de particulares, que tamén achegan as súas elaboracións.
Ademais van poñer á venda rifas ao prezo dun euro e haberá o sorteo de diferentes experiencias gastronómicas.
A AECC de Ribadeo mantén tamén o seu mercadillo semanal aberto os mércores nun local na rúa Deputación entre as 11 e as 14 horas. Será ata despois das festas patronais.
Desde a organización sinalan que “mañá venres quen queira colaborar co mercadiño gastronómico a favor da AECC de Ribadeo, pode levar os seus postres, comida.... a partir das 12 da mañá ao bar A Menchina ata a hora de celebrar o mercadiño no Parque de San Francisco”.
Alí poranse á venda empanadas, tortillas, biscoitos, rsoquiñas, tartas e freixós, refrescos, sangría.
A recadación irá destinada á AECC de Ribadeo.
Hoxe foi presentado o cartel da décimo quinta edición do Ribadeo de Tapeo, o concurso gastronómico que se desenvolverá do 14 ao 22 de maio en máis de 30 locais hostaleiros. Haberá sobremesas culturais, soños gastronómicos, Letras no Campo ou O Renacer do Cantil, entre outras actividades. O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, subliñou que unha das novidades será a fase previa voluntaria de asesoramento para os locais que o desexen a cargo do chef Daniel López, do restaurante O Camiño do Inglés e membro do coñecido Grupo Nove.
O edil ribadense manifestou que “un ano máis o Concello de Ribadeo organiza o Ribadeo de Tapeo, que xa vai pola súa décimo quinta edición e que terá lugar entre o 14 ao 22 de maio. Este concurso, decano dos fogóns da gastronomía de Galicia, é un dos nosos mellores escaparates gastronómicos. Nesta ocasión máis dunha...
leer más