San Lourenzo
En pleno xullo e a piques de comezar ás festas do Carme, o Concello de Foz e a comisión de festas O Noso Foz anunciaron a pregoeira das festas do San Lourenzo: a cómica, guionista e youtuber Carolina Iglesias Mosquera, máis coñecida en redes sociais como Percebes y Grelos.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “Carolina ten unha fonda relación con Foz, os seus avós formaron unha familia no pobo e en palabras da propia Carolina estarían moi contentos se soubesen que vou ser a pregoeira. Como curiosidade o pregón do San Lourenzo (8 de agosto) coincide co cumpreanos dela”.
Dende o Concello e a asociación O Noso Foz móstranse moi contentos. Inés López Couto comenta: “ao principio non sabíamos moi ben como contactar con ela, pero foi moi amable e só nos puxo facilidades”. Fátima Novo, a presidenta de...
leer másO Concello de Foz e a asociación O Noso Foz presentaron hoxe, venres, o cartel das festas do San Lourenzo.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “coma todos os agostos, Foz énchese de música e cor coas súas festas do San Lourenzo. A asociación O Noso Foz e o Concello presentan un cartel cheo de actividades para todos os públicos, que engade ao municipio atractivo para visitalo”.
Inés López engade que “esta semana o pistoletazo de saída dáse o domingo 6, día en que se celebrará o IV Festival de Bandas Vila de Foz. Organizado pola Banda de Música de Foz coa colaboración do Concello, contará coa actuación da Banda de Música Municipal de Meira e da Banda Sons e Soños, ademais da anfitrioa. O concerto será ás 20.00 horas na praza Conde de Fontao. A vindeira semana será a grande das festas do San...
leer másA asociación O Noso Foz, que é a organizadora dos festexos da vila, e o Concello de Foz presentan o cartel das festas do San Lourenzo. Este ano unha fotografía nocturna do porto da localidade, sacada por Pablo Cid, da forma ao cartel dunhas festas que encherán de actividade a vila focega os días 8, 9, 10 e 11 de agosto.
As actividades culturais prolongaranse durante todo o mes de agosto, mais os días fortes comezarán o día 8 co pregón de José María Alonso Fraga, coñecido como Piti, ás 21.00 horas no Parque Rosalía de Castro (Campo da Cabana), que terá continuidade ás 22.30 horas co concerto de Owl Light Trio e Xógara, dous grupos de música tradicional, no mesmo emprazamento.
O día 9 comezarán as verbenas, que nesa xornada será amenizada por Los Satélites e Grupo Beatriz. O día grande será o 10, día de San Lourenzo...
leer másO Concello de Foz, en colaboración coa asociación O Noso Foz, organiza dende o día 6 de agosto e ata o 10 diversos actos para celebrar San Lourenzo nun ano complicado no que as actividades organizadas deben respectar os protocolos marcados pola Xunta de Galicia. O cartel foi presentado pola concelleira de Cultura, Inés López Couto, e Ángel Fernández Neira, de O Noso Foz.
Os pequenos eventos comezarán este venres coa inauguración da exposición de Otero Regal no CENIMA e a presentación do libro Auxías, de Paco Rivas, ás 20 horas para ás 21 horas continuar na Praza Rosalía de Castro co pregón e a actuación de Sons Varadero.
O sábado a actividade continuará con actuacións ás 13 horas na praza Conde de Fontao co grupo Atlántica e na praia da Rapadoira co grupo Los Rubios. Ás 20 horas o teatro de títeres chegará a Conde...
leer másAs festas de San Lourenzo, en Foz, celébranse do 7 ao 11 de agosto e serán pregoadas polo CB Celtas.
As festas de San Lourenzo, en Foz, que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto, empezarán co pregón a cargo do Club Baloncesto Celtas, que será o mércores 7 ás 20:00 horas na Casa da Cultura. A remate terá lugar o chupinazo.
O xoves 8 haberá pasarrúas con A Subela a partir das 13:00 horas e desde as once da noite verbena no Paseo da Rapadoira con a orquestra canaria Furia Joven. Ao día seguinte a Batukada Perkusiona ofrecerá un pasarrúas a partir da unha do mediodía e ás 23:00 horas empezará a verbena na praza Conde de Fontao e na explanada do porto, amenizada pola orquestra Ciclomanía e o grupo Atenas.
O día de San Lourenzo, sábado 10, comezarán as actividades da xornada cun pasarrúas a cargo de O Feitizo, ás doce do mediodía na igrexa parroquial focense celebrarase a misa solemne, cantada polo Coro Parroquial de Foz...
leer másMañá, martes, día 8, dará comezo en Foz o programa de actividades con motivo da celebración das festas de San Lourenzo, que se prolongarán ata o domingo 13. Serán pregoadas por Jesús J. Oroza Vila mañá ás 20 horas na Casa da Cultura. Ademais dos días 21 ao 26 deste mes haberá teatro ao aire libre e entre o 18 e o 20 celebrarase a Feira do Libro.
O concelleiro de Cultura en Foz, Ánxel Paleo, anunciou hoxe que “en plena temporada estival e co pobo ateigado de xente metémonos xa de cheo nas festas patronais do San Lourenzo. Esta semana dende o martes, día 8, e ata o domingo, día 13, haberá actuacións de todo tipo. Os días principais que son o día 9 e o día 10, teremos o día 9 ás orquestras Los Satélites e New York, e o día 10 a Gran Parada, que dará paso ás doce da noite á sesión de fogos artificiais na praia da Rapadoira, que é unha das...
leer más