Clásica
Alumnado das especialidades de danza clásica e contemporánea da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo representará unha adaptación de A bela adormecida para o alumnado de educación primaria da vila e para as persoas usuarias do Centro de Día.
En total serán preto de 500 persoas as que se achegarán este venres, 29 de novembro, ao Auditorio Municipal Hernán Naval en sesión dobre, ás 10:30 e ás 12:00 da mañá.
Segundo explica o responsable da EMMeD, Hugo García, “esta actividade achegará un pouco máis a danza ao público asistente, dándolles a oportunidade de ver unha función propiamente desta especialidade. Este tipo de espectáculos non son moi habituais na comarca, polo que consideramos que é unha boa iniciativa para continuar co seu crecemento”.
A concelleira de Educación e...
leer másA Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno, participou este venres na presentación da XI edición do Festival Bal y Gay, que se celebrará en diferentes escenarios da comarca da Mariña entre o 8 e o 23 de agosto e que conta cunha colaboración por parte da institución provincial de 12.000 euros. Neste acto de presentación, que se desenvolveu no CENIMA focense, tamén participou a Presidenta da Mancomunidade da Mariña Lucense e Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López Hermida,e o Presidente da Fundación Bal y Gay, Enrique Rodríguez Baixeiras, entre outras autoridades.
Carmela López avanzou que “este encontro de música clásica é xa un auténtico referente no panorama artístico, non só da comunidade galega, senón tamén no resto de España” e sinalou que “a comarca da Mariña converterase no epicentro da música...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, presenta o programa “A Caixa de música”, un ciclo de concertos de música clásica e de bandas que terán lugar en diferentes puntos do Concello nos vindeiros meses.
Este programa terá a súa apertura este martes na Praza do Souto co concerto da Banda Municipal de Música O Landro de Viveiro ás 13:00H.
A Caixa de música pretende ser un programa dirixido a toda a familia polo que os concertos serán en fins de semana ou festivos á hora do mediodía.
Segundo a Concelleira de Cultura Dolores García Caramés “é un xeito de complementar o diverso abano de oferta musical que durante todo o ano levamos a cabo no noso Concello e deste xeito tamén achegamos á nosa veciñanza estilos de música para todos os gustos”.
Engade...
leer másO Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou en Foz na presentación da programación da VIII edición do Festival Bal y Gay, co que a institución provincial colabora cunha achega económica de 12.000€. Un acto ao que asistiron a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, o Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, o presidente da Fundación Xesús Bal y Gay, Enríquez Rodríguez Baixeras, a directora do festival, Alba Rodríguez, o secretarioxeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o Alcalde de Foz e presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Francisco Cajoto.
“Polas súas características e pola súa itinerancia por distintos concellos, este festival ten capacidade para atraer un turismo cultural que está plenamente integrado no modelo que impulsamos dende a Deputación...
leer másO Teatro acollerá o domingo, 8 de marzo, o concerto do trío Metamorphoses, que se enmarca no proxecto Xacobeo Musical polos Camiños de Santiago.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explica que “o concerto do trío Metamorphoses, formado por Jean Johnson ao clarinete, Roeland Jagers á viola e Ilona Timchenko ao piano, actúa este domingo no Teatro de Ribadeo ás 20.00 horas e faino dentro do proxecto Xacobeo Musical polos Camiños de Santiago. Trátase dun ciclo promovido pola Asociación Peregrinos Musicais, en colaboración con Concellos como Nigrán, Sanxenxo ou Ribadeo e que conta tamén co patrocinio do Xacobeo 2021”.
A edil ribadense sinala que “o programa contén obras de Robert e Clara Shumann e de Max Bruch. A pesar de que o fundamento para este trío é a figura de Mozart, a formación é tamén unha grande...
leer másO Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, xunto ao Alcalde de Foz, Francisco CajotoCaserío, presentaron este venres, na Oficia de Turismo do Concello de Foz, o VI Festival Bal y Gay que se celebrará neste Concello mariñán dende o 24 ata o 29 de agosto. No acto de presentacióntamén participou o director do festival, Enrique Rodríguez Baixera. A Deputación colabora con este evento cultural, realizando unha achega económica de 6.000 euros.
García Pernas sinalou que “esta cita, que xa vai pola sexta edición, une a música clásica co mundo do rural, favorecendo que os nosos veciños e veciñas poidan achegarse a este xénero musical.Ao longo de seis días, o Concello de Foz converterase nun escenario de referencia da música clásica, pois poderemos escoitar en concertoa intérpretes de primeiro nivel. como Noelia Rodiles, o...
leer másO grupo Camerata Nuestro Tiempo, formado por 11 músicos excepcionais da Orquestra Sinfónica de Galicia, traerá a Burela este venres, 29 de setembro a Vivaldi e a Piazzolla.
O concerto As 8 estacións renderá homenaxe a Antonio Vivaldi e a Astor Piazzolla no Auditorio Municipal. As entradas anticipadas están á venda por 8 euros na biblioteca. E o mesmo día do concerto poderán adquirirse na billeteira por 10 euros.
Desde a Concellería de Cultura animan a asistir a este espectáculo musical, que dará comezo ás 21 horas.