Coral
A Coral Polifónica de Ribadeo, que dirixe Mari Carmen Rodríguez Cancelo, ofrecerá un concerto de panxoliñas polas rúas da vila ribadense este venres, día 27 de decembro, a partir das 20:00 horas.
Empezará o percorrido no Quiosco da Música e seguirá pola igrexa da Orde Terceira, a rúa Ramón González, a Praza de San Roque, a Praza 8 de marzo e As Catro Calles.
A Coral Polifónica de Ribadeo, coa colaboración do Coro Sagrado Corazón, ofrece un concerto solidario a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. Será este mércores, día 4 de setembro, ás 20:30 horas no Teatro ribadense.
O prezo da entrada solidaria é de 5 euros e a taquilla estará aberta o mesmo día do concerto de 12:00 a 13:30 horas e desde as 19:00 horas.
A Coral Polifónica de Ribadeo, que con esta actuación conmemora o centenario do falecemento do poeta ribadense El Viejo Pancho, explica: “un ano máis queremos poñer o noso gran de area na loita contra o cancro cun concerto solidario, neste caso coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. Desexamos vervos a todos e todas acompañándonos por unha boa causa!”.
A trixésimo oitava edición do Festival de Música Coral de Viveiro celebrarase este sábado, día 10 de agosto, ás 21:30 horas na Praza Maior.
Está organizado pola Coral Polifónica Alborada, de Viveiro, que actuará no festival xunto á coral A Barcarola, de Pontecesures, a Coral Polifónica de Cariño, a soprano Anna Melikhova e a pianista Marta Blanco Pérez.
A Coral Polifónica de Foz celebrará o seu trixésimo noveno aniversario cunha misa concerto que terá lugar na igrexa parroquial este sábado, 20 de xullo ás 20:00 horas.
Nesta actividade colabora o Concello e a Unidade Pastoral de Foz.
A Coral Polifónica de Burela está buscando novas voces. Os ensaios son os luns e xoves de 21:30 a 23:00 horas.
“Se queres aprender canto coral ou xa tes experiencia, queres mellorar a túa voz, gústache traballar en equipo e adoras a música … este é o teu lugar. Ven e proba o canto coral durante un mes sen compromiso”, din desde a Coral Polifónica de Burela, coa que se pode contactar a través do teléfono 608.25.25.88 ou do correo electrónico coralpolifonicadeburela@gmail.com.
Dentro das actividades anuais programadas pola Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, o sábado 24 de febreiro ás 20:00 horas haberá un concerto coral a cargo da agrupación Polifónica Coruñesa Canticorum.
Será no auditorio Pascual Veiga, de Mondoñedo, con entrada libre.
A música tradicional de bandas e corais, enmarcada no programa Tradigalu da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, chega este martes día 26 a Viveiro coa actuación da Coral Polifónica Alborada, que percorrerá as rúas do casco da cidade do Landro a partir das sete da tarde.
Tradigalu programou mais de 150 actuacións polas comarcas luguesas en colaboración con asociacións e concellos. Neste caso a Área de Cultura da institución provincial conta coa axuda do Concello de Viveiro.
A Casa da Cultura de Riotorto acollerá a quinta edición do festival que organiza a coral da localidade este sábado, 25 de novembro, ás 19:30 horas.
Ademais da Coral de Riotorto actuarán o coro Airiños do Mar, de Barreiros, e a coral Areosa, de Narón.
Nesta actividade colaboran o Concello e asociación de amas de casa de Riotorto.
O vindeiro sábado, 12 de agosto, Viveiro acollerá a XXXVII edición do Festival de Música Coral. Nel participarán a Coral Polifónica de Meirás, a Coral Polifónica de Noia e a Coral Polifónica Alborada de Viveiro. O evento será na Praza maior ás 21 horas.
Os organizadores, Coral Polifónica Alborada, contarán coa presencia da soprano Clara Panas e a pianista Marta Blanco Pérez e co patrocinio do Concello de Viveiro.
A Praza Maior de Viveiro acollerá a trixésimo quinta edición do Festival de Música Coral organizado pola Coral Polifónica Alborada este domingo, día 11 de agosto, a partir das 21:00 horas.
Neste evento actuarán a coral Airiños de Campañó, de Pontevedra, que dirixe Enrique Alberto Martínez; a coral Hospital Xeral-Calde, de Lugo, e o coro feminino lucense Cantar Delas, os dous dirixidos por Fernando Gómez Jácome; e a agrupación anfitrioa: a Coral Polifónica Alborada, de Viveiro, que dirixe Luis Vicente Fernández Prieto.
O festival contará ademais coa colaboración especial da soprano Noa Outumuro González e do pianista Ricardo Blanco Rodríguez.
Este evento está patrocinado polo Concello de Viveiro e FECOGA.