Mexillón
A área recreativa Obispo Santo, de Forxán (Foz), acollerá o vindeiro 15 de agosto a II Festa do Mexillón, que conta cun 100% de produto galego.
Os asistentes poderán degustar un rico menú que inclúe mexillóns, empanada, auga ou viño, requeixo e café nunha carpa con servizo de bar. Dito menú ten un custo de 15 euros. Ademais haberá DJ, colchonetas infantís gratuítas e unha gran actuación musical.
O evento dará comezo ás 14:00 horas.
Os tíckets pódense adquirir nos establecementos membros da asociación: Bar O Candil (San Martiño), Bar Escairo (Marzán) e Mercacartuchos (Foz). Para máis información, as persoas interesadas poden chamar ao número 982 87 74 46.
A Asociación Cívico Cultural Obispo Santo conta coa colaboración do Concello de Foz, da Deputación de Lugo,...
leer másEste sábado, día 20 de xullo, ás 19:00 horas dará comezo a primeira festa do mexillón organizada polo Club de Fútbol Celta Barreiros. Será no campo de fútbol O Cascabeiro, en San Cosme de Barreiros.
Os organizadores anuncian que haberá “música en directo co grupo En faldas y a lo loco e despois actuará o gran Dj Puzzle. Aparte dos mexillóns haberá empanadas e xamón cocido para que non pasedes fame”.
O 29 de marzo terá lugar en Rinlo a primeira degustación de mexillón, que organiza a asociación de veciños O Cantal coa colaboración do Concello de Ribadeo. Será na praza de San Pedro a partir das 12:30 horas. Haberá carpa, música, bar e 300 quilos de mexillóns para degustar.
O alcalde, Dani Vega, dixo que “Rinlo prepárase para celebrar a primeira degustación do mexillón, unha nova festa que queremos potenciar dende o Concello. E agradecémoslle á asociación de veciños O Cantal todo o seu traballo, a súa proposta e a ilusión que está trasladando para impulsar iniciativas en beneficio de Rinlo e de todos”.
Para o rexedor “apostar por degustacións de produtos do mar é algo moi importante. Estamos apoiando a todo un sector e tamén impulsando e publicitando os produtos do mar. Polo tanto hai que agradecerlles o...
leer másA parroquia ribadense de Rinlo celebrará unha festa gastronómica dedicada ao mexillón o 29 de marzo, día de Venres Santo.
O evento, organizado pola asociación de veciños O Cantal na praza de San Pedro, empezará ás 12:30 horas e contará coas actuacións do DJ Alejandro Martínez e do cuarteto tradicional Illa Pancha.
A asociación de veciños O Cantal anuncia: “o reloxo Canseco está en conta regresiva para a gran festa gastronómica de exaltación do mexillón que imos a celebrar no noso fermoso pobo mariñeiro de Rinlo o día 29 de marzo (Venres Santo) a partir das 12:30 horas na nosa praza de San Pedro”.
O concello de Cervo celebrará este vindeiro sábado 24 de febreiro a Festa do Mexillón, que vai pola XXX edición.
Ao longo da xornada os 9 locais participantes ofrecerán unha ampla degustación de tapas que terán no mexillón o seu denominador común. Participarán O Noso Lar, Las Titas, A Bodega de Ana, O Faro, Aquelarre, Maruxaina, O Trasgo, Habana e o bar El Puerto.
A festa estará amenizada á noitiña, desde as 22:30 horas, pola orquestra Zona Zero e pola Disco Móbil Revoluxxion.
A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, a tenente al alcalde, Mali Méndez, e por unha repesentación dos locais participantes.
Tal e como anotou a alcaldesa “este tipo de festas gastronómicas contribúen a darlle vida á nosa vila e sempre son un reclamo para atraer...
leer másEn San Ciprián celébrase o 4 de marzo a tradicional Festa do Mexillón. Haberá música e sesión vermú.
O concello de Cervo celebrará este vindeiro sábado 4 de marzo a Festa do Mexillón, que vai pola XXIX edición.
Ao longo da xornada os 8 locais participantes ofrecerán unha ampla degustación de tapas que terán no mexillón o seu denominador común. Participarán O Noso Lar, Las Titas, A Bodega, O Faro, Aquelarre, Maruxaina, O Trasgo e o CIT.
Tamén haberá venda de mexillón cocido na carpa da Praza dos Campos da man da asociación Amigos da Maruxaina desde o mediodía.
A festa estará amenizada pola Disco Móbil Conxuro durante a sesión vermú desde ás 13:30 horas, e repetirá pola noite tras a actuación da orquestra Fania Blanco Show prevista para as 22:30 horas.
Villares quixo salientar que “este tipo de festas gastronómicas contribúen a darlle vida á nosa vila e sempre...
leer másO Concello de Cervo organiza o vindeiro sábado 16 de abril a Festa do Mexillón.
No día de onte o rexedor, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés,e a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, presentaron a que será a edición número XXVIII desta festa, xunto con persoal dos locais de hostalaría participantes.
Ao longo deste día os locais ofrecerán unha ampla degustación de tapas que terán no mexillón o seu denominador común. Participarán O Noso Lar, Las Titas, A Bodega, O Faro, Aquelarre, Maruxaina, O Pulgas, CIT e O Encontro.
A partir das 22:00H haberá verbena a cargo da orquestra FaniaBlancoShow e a continuación será a quenda de Disco Móvil Chocolate.
Villares quixo salientar que “este tipo de festas gastronómicas contribúen a darlle vida...
leer másA vila de San Ciprián celebrará a XXVII Festa do Mexillón o sábado 29 de febreiro.
Deste xeito, durante todo o día, oito establecementos da vila ofertarán tapas que terán como denominador común o mexillón, en todas as súas variedades e en múltiples combinacións e receitas: en empanada, croquetas, ao vapor, en vinagreta, en pizza, en paté…
O edil de Turismo, David Rodríguez, e a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron a Festa cunha representación dos hostaleiros de San Ciprián.
Participarán O Noso Lar, Nordesía, Las Titas, O Pulgas, O Faro, Maruxaina, O Trasgo e a Bodega. Ademais editáronse folletos informativos nos que se especifican algunhas das variedades que se poderán saborear en cada un dos locais.
Rodríguez e Caramés precisaron que “...
leer másO sábado, 23 de febreiro, terá lugar a XXVI Festa do Mexillón, con tapas protagonizadas por este molusco que se servirán nos locais hostaleiros de San Ciprián, durante toda a xornada.
Tradicionalmente esta festa celebrábase na Semana Santa, pero decidiuse cambiala de datas porque agora o produto é de moi boa calidade.
Xa pola tarde-noite o grupo local A Rebolaxe amenizará a festa polos diferentes establecementos.
A tradicional Festa do Mexillón, de San Ciprián, no concello de Cervo, celebrarase este ano o día 23 de febreiro, sábado. Durante esa xornada os establecementos hostaleiros participantes neste festexo gastronómico ofrecerán tapas e racións de mexillóns en diferentes preparacións.
O evento foi presentado cun acto no que estiveron o alcalde cervense, Alfonso Villares; a concelleira de Turismo, Mali Méndez, e representantes do sector hostaleiro de San Ciprián.